Estás aquí: Inicio » Persoas » Luis Villares Naveira

Voceiro de En Marea e do Grupo Parlamentar no Parlamento de Galicia

Lugo 1978


Circunscrición de Lugo

Luis Villares Naveira

Foi maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG ata presentar a súa candidatura á presidencia da Xunta de Galicia por En Marea. Anteriormente traballou durante anos exercendo como xuíz no Xulgado do Contencioso de Lugo, no Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, no Xulgado Central Contencioso-Administrativo e no Xulgado único da Fonsagrada, o seu primeiro destino despois de aprobar a oposición en 2005.

Formado na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde se especializou na rama de Dereito do Consumo. Ao longo da súa vida profesional colaborou con diferentes entidades centradas na defensa dos dereitos sociais, como a Rede Armela, e a normalización da lingua do noso país, como a Irmandade Xurídica Galega. Nestes anos, tamén exerceu como voceiro en Galicia de Xuíces pola Democracia.


X