En marea
En Marea é o espazo do cambio en Galicia. Un proxecto horizontal e aberto, construído desde a base, para representar os intereses da maioría social, das persoas agredidas polas políticas austericidas, das que practican o deporte de risco de chegar a fin de mes, das que non poden vivir nun rural esquecido polas institucións, nin nun mar contaminado polos abusos e a indiferenza.
En Marea é o ben común. En Marea somos todas.
O manifesto dos alcaldes recolle no seu terceiro punto “aproveitar como base para o debate, o traballo feito durante estes últimos meses por ducias de Mareas arredor do proceso Mareas en Común”. Seguindo este criterio nesta sección podes acceder aos documentos de Principios básicos, Primarias, Forma de goberno, Código ético e Organización interna sobre os que debateremos e decidiremos na Marea Constituínte.