Estás aquí: Inicio » Persoas » José Manuel Lago

Deputado no Parlamento Galego

Vigo 1956


Circunscrición de A Coruña

José Manuel Lago

Economista. Licenciado na Universidade de Santiago de Compostela. A súa especialidade é a política industrial e o mercado de traballo. Comezou a traballar no ano 1982 nunha empresa dedicada ao sector da construción e a partir de 1985 entrou a traballar no gabinete económico do sindicato nacional CC.OO de Galicia, do que foi coordinador. Foi director económico financeiro da CRTVG entre 2005 e 2009.

Desde 2013 é membro do gabinete confederal de CC.OO. Profesor de Estrutura Económica Social e Políticas Sociolaborais na Escola de Relacións Laborais da Universidade da Coruña. Foi membro do Consello Asesor do IGAPE e do Consello Económico e Social de Galicia. Membro do Foro Económico de Galicia. Participou nos seguintes libros colectivos:

Chaves de economía publica galega (2006) Globalización, competencia e deslocalización. Perspectivas desde Galicia (2007) Territorio, financiación e control de gasto (2008). Colaborador habitual en diferentes medios escritos e audiovisuais.


X