O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea de reclamarlle a España que demande a Noruega por discriminar os mariñeiros do Long Hope

Estás aquí: Inicio » O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea de reclamarlle a España que demande a Noruega por discriminar os mariñeiros do Long Hope

O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea de reclamarlle a España que demande a Noruega por discriminar os mariñeiros do Long Hope

Carmen Santos: “É un acto de crueldade que os gobernos galegos e do Estado abandonasen á súa sorte a miles de mariñeiros galegos, moitos deles con máis de 80 anos”

O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a instancia de En Marea unha iniciativa na que se pide á Xunta que interceda ante o Estado español para que este demande a Noruega perante o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. A defensora da proposición non de lei, a vicevoceira de En Marea Carmen Santos, referiuse á “crueldade que supón dilatar no tempo a vía xudicial para persoas que en moitos casos superan os 80 anos de idade e que malia traballaren toda a vida en buques de bandeira norueguesa sofren a discriminación de non veren recoñecidas as cotizacións nas súas pensións”.

Na precampaña electoral das eleccións galegas, ao PP preocupáballe o seu impacto mediático e ofreceronlles moitas falsas promesas que non se cumpriron”, denunciou Santos, que se referiu tamén ás “insultantes indemnizacións” coas que pretenderon calalos. Tras lembrar o revés que sufriron en xullo da Corte Suprema de Noruega, a parlamentaria de En Marea defendeu a urxencia de demandar ao país nórdico por parte do Estado español, pois dende que comezaron a denunciar publicamente a súa situación, en 2008, xa faleceron 46 afectados.

O tempo pasa e as sucesivas negociacións prometidas nunca deron ningún resultado positivo”, denuncia Carmen Santos, logo de relatar como o Estado español a través do Ministro de Asuntos Exteriores, Alfonso Datis, lles prometeu a principios de 2017 que se interesaría pola súa situación e que buscarían unha solución con Noruega. “A Xunta non pode mirar cara a outro lado esquecendo que 8.000 dos 12.000 mariñeiros afectados en todo o Estado son galegos”, sinalou.

A que agardan? A que esteamos todos mortos para que non teña sentido ir a Estrasburgo?” replicou con dureza a vicevoceira de En Marea, que agarda que esta decisión aprobada hoxe por unanimidade conleve un compromiso de todos os grupos para esixirlle ao Goberno autonómico e ao central unha actuación inminente. “É unha cuestión de humanidade”, concluíu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × 2 =

X