En Marea reclama a EXTEL o mantemento de todos os postos de traballo na Coruña para garantir un servizo de calidade na nosa lingua
Nova protesta na Coruña para esixir unhas condicións laborais xustas e unha atención a calidade e protestar contra a deslocalización dos servizos que pretende a empresa
O portavoz de En Marea, Luís Villares, xunto cos deputados e deputadas de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, Luca Chao e Manolo Lago, xunto cos parlamentarios de En Marea no Congreso Yolanda Díaz e Antón Gómez Reino, sumáronse esta mañá a concentración en apoio aos traballadores e traballadoras de EXTEL na Coruña.
O portavoz de En Marea asegurou que todos os postos de traballo en EXTEL son necesarios e denunciou o intento por parte da empresa de aproveitarse dunha situación falsa alegando un descenso de chamadas irreal. A demanda do servizo pasa tamén por unha atención na nosa lingua que so se pode garantir mantendo os postos de traballo de Excel na Coruña. En Marea traslada así a súa defensa absoluta dos traballadores e as súas reivindicacións e esixir a calidade dos servizo.
Luís Villares animou ao mesmo tempo á cidadanía a esixir unha atención a calidade e a protestar contra a deslocalización dos servizos que pretende a empresa. Un compromiso e apoio na rúa por parte de En Marea para o que é preciso tamén contar co apoio da cidadanía para deixar claro á empresa que a redución dos postos de traballo na Coruña levará a empresa a ter unha perda de beneficios empresariais. De non garantir este servizo na nosa lingua e de calidade fará que os usuarios e usuarias busquen outras empresas que garantan este dereito da cidadanía.