Defendemos o municipalismo como a acción política intencional que permite transformar en positivo a vida da xente. Un municipalismo que xurdiu como resposta a falta de democracia das institucións e dos propios partidos políticos. Que da peso á política municipal sobre outros niveis, porque permite facer realidade os ideais de participación, dando voz aos movementos veciñais e as distintas asociacións que actúan no concello. Un municipalismo que prima a representación dos movementos e asociacións de xente do común (veciñais, culturais, activistas…) sobre as estruturas dos partidos na configuración de candidaturas aos gobernos municipais.
As mareas dos concellos, como espazos autónomos e soberanos, son unha oportunidade real para mellorar a vida das persoas na procura do ben común, poñendo os concellos ao servizo dos cidadáns e baixo o seu control e participación. Traballando no ámbito máis próximo ás persoas, para ordear os espazos nos que construímos a nosa vida e as nosas relación.
Defendemos unhas mareas dos concellos que sexan bandeira dunha revolución cidadá que aposte por recuperar para a colectividade cada un dos servizos públicos privatizados, e que, en tanto bens comúns que cobren as necesidades colectivas, estean baixo control cidadá, a través de mecanismos de participación.
Unhas mareas que conformen unha malla da república do mar, espalladas e asentadas en todo o país, con vocación global, conscientes de que o que afecta no plano local depende en gran medida do que sucede noutras dimensións espaciais. O proxecto nacional de En Marea esténdese como un proxecto cooperativo en rede. Un entramado de mareas soberanas que constrúen a nación en común desde a democracia radical e a xustiza social e territorial. Unha alianza ente iguais, dos da costa e dos de interior, das grande cidades e das vilas, onde En Marea é proxecto de acollida sen pretensións de tutela.
Cada marea,de xeito soberano, articulará os sistema de relación con En marea, que ofertará colaboración a nivel de recursos humanos, materiais e de colaboración financeira ás diferentes mareas. E as mareas dos concellos conformarán a rede que axude a construír un proxecto nacional sólido e con base en todo o país.
Prema no mapa para atopar información das mareas locais
Atopa unha marea na túa Comarca, na túa cidade, preto de ti.

En Marea Verín

Ourense mellor
http://ourensemellor.gal
info@ourensemellor.gal

O Carballiño Mellor

Sempre Corcubión

En Marea Oleiros

Marea de Ferrol

Asambleas abertas de Curtis

Marea de Rianxo

Marea veciñal de Touro

Terra de Jalhas - Santa Comba

Xente de Rois

Esperta Monforte!

Por Chantada - Cup

En Marea Sarria

En Marea Ribadeo

Agora Cañiza

En Marea Mondoñedo

Manifesto Miñor - Gondomar

Manifesto Miñor - Baiona

Somos Cambados

Manifesto Miñor - Nigrán

Somos Ribadumia

Asamblea cidadá Bueu

Gañemos Agora Vilanova

Avante Poio

Valga Viva

Somos En Marea Sanxenxo

En Marea Pontecesures

En Marea A Guarda

En Marea A Tui

Xuntos Vilar de Santos

Marea de Noia
Galerías do Cantón. nº 26 en Noia
www.mareadenoia.com