En Marea presenta unha proposición de Lei para regular a publicidade sanitaria e sociosanitaria en Galicia para acabar co baleiro normativo actual

Estás aquí: Inicio » En Marea presenta unha proposición de Lei para regular a publicidade sanitaria e sociosanitaria en Galicia para acabar co baleiro normativo actual

En Marea presenta unha proposición de Lei para regular a publicidade sanitaria e sociosanitaria en Galicia para acabar co baleiro normativo actual

En Marea presenta unha proposición de Lei para loitar contra o intrusismo profesional e falsa publicidade no ámbito sanitario, unha normativa que como denunciou a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, non existe en Galicia na actualidade aínda que si noutros territorios. A proposición de Lei para regular a publicidade sanitaria e sociosanitaria en Galicia de En Marea daría resposta ás reclamacións que durante anos levan a trasladar os distintos colexios odontolóxicos que alertan do incremento de casos e as consecuencias negativas para á cidadanía.

A deputada de En Marea lembrou que é a Xunta de Galicia a que ten competencias en materia sanitaria polo que reclamou que tome cartas no asunto e asuma a súa responsabilidade. Intrusismo profesional, falsa publicidade, falla de información sobre os tratamentos e as súas consecuencias, cursos de formación falsos, ou casos como os anuncios de determinadas empresas que din ofrecer servizos sociosanitarios que despois non son reais, son algunhas das cuestións que deberían ser reguladas nesta nova lei.

Deste xeito En Marea defende a necesidade de que as distintas empresas precisen ter unha autorización administrativa previa para poder anunciar estes servizos, que estean avalados cientificamente e especifiquen claramente os servizos e as súas posibles consecuencias, así como que toda a publicidade poda ser comprobada e real. Ademais proponse a creación dunha comisión de seguimento con representantes de todos os colectivos implicados. “Trátase dun asunto delicado, a cidadanía ten que ter dereito a ser protexida ante estas fraudes” destacou Eva Solla.

O grupo parlamentario abre un período dun mes para que os distintos colectivos, organizacións de profesionais, consumidores, doentes e demais colectivos poidan opinar e facer achegas ao texto presentado por En Marea.

“A xunta ten capacidade de facer inspeccións sobre o relativo a intrusismo profesional e falsa publicidade. Non é o máis urxente dentro da sanidade pública pero é un tema moi importante e que está a ser reclamada desde distintos colectivos.
Están continuamente denunciando, pero non existen ferramentas ante o que o Goberno galego, que é quen ten a responsabilidade e competencias, non fai nada” concluíu Eva Solla.

Máis beneficios para á privada

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, denunciou o novo paso dado pola Consellería de Sanidade para avanzar un pouco máis na progresiva descapitalización da sanidade pública e desvío de fondos públicos cara á privada. Non é casualidade que despois de entrar Lei de regulación de garantías sanitarias coa derivación continuada de doentes á privada agora a Consellería decide actualizar as tarifas para beneficiar claramente á empresa privada. É dicir, van a cobrar máis aínda por esas derivacións.

Eva Solla denunciou que desde 10 xaneiro estase a facer chamada automática para a derivación da publica á privada o a decisión anunciada de subir as tarifas deixa en evidencia a clara intención do Partido Popular de continuar na senda de desmantelar a sanidade pública co único fin de beneficiar ás empresas.

Este anuncio é un motivo máis para saír a rúa o vindeiro domingo 4 de febreiro e participar na mobilización convocada en Santiago de Compostela para entre todas e todos loitar e defender o noso sistema sanitario público ante os continuos ataques do Partido Popular.

Continúan as portas xiratorias na Consellería co nomeamento de Rocío Mosquera

Tras aparecer publicado no DOG de hoxe o nomeamento definitivo da ex conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, como xerente de Galaria, a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, anunciou que preguntará no Parlamento de Galicia por esta decisión e polos criterios de selección da candidata e da propia comisión que adxudicou o seu nomeamento.

Solla denuncia unha vez máis a situación de continua porta xiratoria, nepotismo e trato de favor na Consellería de Sanidade pola que o Goberno galego deberá ofrecer explicacións.

Enlace á publicación no DOG do nomeamento de Rocío Mosquera: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180201/AnuncioC3K1-250118-0001_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × three =

X