En Marea organizará no Parlamento unha xornada sobre territorio cos especialistas que o PP rexeitou na comisión

Estás aquí: Inicio » En Marea organizará no Parlamento unha xornada sobre territorio cos especialistas que o PP rexeitou na comisión

En Marea organizará no Parlamento unha xornada sobre territorio cos especialistas que o PP rexeitou na comisión

Publicación Lumes Nunca Máis. Descarga aquí: Lumes-Nunca-Máis-i-1.pdf (51 downloads)

Audio rolda completa Luís Villares: https://i.gal/dR01h

Vídeo rolda Luís Villares, Davide Rodríguez e Paula Quinteiro: https://youtu.be/0H6oA-SpQ-E

Santiago, 22 de xaneiro de 2018.- O voceiro de En Marea, Luís Villares presentou no Parlamento de Galicia a publicación que acompaña ás xornadas sobre o Territorio Vivo que se están desenvolvendo por toda Galicia e que de aquí a abril viaxará polas sete ciudades galegas e máis unha xornada parlamentaria organizada por En Marea na que participarán os especialistas en territorio, explotación do monte, forestal e lumes.

Luís Villares explicou na rolda que a intención de En Marea era a de dar a coñecer ante toda a sociedade a situación do territorio en Galicia que ten “como síntoma principal os lumes do pasado ano”. Villares sinalou que xa en maio do ano pasado, “presentamos unha serie de medidas preventivas para evitar a situación que logo se viviu nos montes galegos”. “Desde entón vimos insistindo na necesidade dunha solución integral do territorio galego” porque, tal como contou o voceiro, “o problema xa non é só rural, tamén é un problema urbano”.

O voceiro apuntou igualmente que as xornadas do Territorio Vivo terían encontros nos seguintes meses, primeiro en A Cañiza, logo en Ferrol e a partir daí en todas as cidades galegas porque “este é o noso compromiso: atender á sociedade en primeiro lugar”. Tal como sinalou Villares, a presenza institucional de En Marea tamén terá a súa actividade nesta xira de Territorio Vivo. “No mes de abril -explicou o voceiro- terá lugar no Parlamento de Galicia unha xornada sobre o territorio en Galicia na que estarán presentes todos os especialistas que o PP non quixo escoitar na comisión”.

Luís Villares acusou ao PP de “censurar” a presenza na comisión de determinados especialistas de distintos campos que poden “aportar moitos argumentos sobre o que se está facendo mal no territorio galego”. Conta esta censura, En Marea levará ao Parlamento de Galicia a todos os que o PP impediu falar na comisión. “Que o PP non quere escoitar aos bombeiros, nós escoitaremos aos bombeiros, que non quere escoitar ao personal de emerxencias, poderán falar nas xornadas de En Marea, que o PP non quere escoitar a algúns dos mellores especialistas, poderán falar igual no Parlamento”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 − two =

X