En Marea denuncia que Felipe VI ten un discurso “pregado ao PP” e “máis preocupado pola supervivencia da monarquía que polos problemas da xente”

Estás aquí: Inicio » En Marea denuncia que Felipe VI ten un discurso “pregado ao PP” e “máis preocupado pola supervivencia da monarquía que polos problemas da xente”

En Marea denuncia que Felipe VI ten un discurso “pregado ao PP” e “máis preocupado pola supervivencia da monarquía que polos problemas da xente”

O voceiro de En Marea, Luis Villares, considera que o discurso de Felipe VI demostra que está “máis preocupado pola propia pervivencia da monarquía que polos problemas da xente”.

A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou que “é lastimoso” ver que “un Xefe de Estado reproduce o discurso do Goberno do Partido Popular” e que está “alonxado da realidade”.

Para En Marea, o discurso de nadal de Felipe VI demostra que “non entende nin en que país vive nin cales son os problemas da xente” e que está “alonxado da realidade”, aseguraron Luis Villares e Yolanda Díaz.

“O discurso de Felipe VI demostrou de novo o inapropiado da institución nos tempos de hoxe e o incumprimento das funcións que a Constitución lle ten reservadas”, sinalou Villares.

“As súas palabras están dirixidas a unha minoría e esquece os problemas que golpean ás maiorías sociais como a desigualdade ou a pobreza”, afirmou Yolanda Díaz, insistindo en que “de nada serve que lembre algúns problemas que recolle o CIS sen aportar solucións”.

Neste sentido, a desigualdade, a corrupción, ou o carácter plurinacional do Estado, ademais dunha preocupación “deberían ser os principais retos e obxectivos de todas as institucións do Estado”.

“Facer como que son problemas superados, alleos á actuación pública ou pregarse as posicións do Goberno do PP son unha vía partidaria de afrontar os problemas”, sinalou a deputada.

Díaz considera que a cuestión territorial para afrontan o carácter plurinacional do Estado ou a corrupción “non poden ter solución coa actuación unilateral do Goberno” polo que o feito de que o xefe do Estado se pregue a estas posicións “sitúao máis no lado dos problemas que das solucións”.

“O rei debe ser o único que non coñece o caracter plurinacional do Estado e a existencia e a coexistencia desta pluralidade que é enriquecedora”, asegurou Villares, denunciando que no caso de Cataluña “tomou partido” erixíndose como valedor dunha parte nun conflito “onde a cidadanía só reclamaba poder expresarse en liberdade nas urnas”.

Para Villares, neste discurso Felipe VI pasa de puntillas no eido social, sen incidir nos problemas da xente e sobre todo sen sinalar “quen son os resposables de que moitas persoas non cheguen a fin de mes, do deterioro dos servizos públicos ou dos motivos da emigración dos mozos e mozas no noso país, encubrindo deste xeito as políticas que nos trouxeron a esta situación, tanto do PP como do Ibex 35”.

En definitiva, En Marea considera que se trata dun discurso “máis preocupado pola propia supervivencia da monarquía que polos problemas da xente” polo que nos reafirmamos “nos nosos valores republicanos de cidadanía, democracia e xustiza social”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20 − 3 =

X