Luís Villares: “Confiamos en que a sucesión de Núñez Feijóo veña a favor dun goberno de En Marea que permita desenvolver unhas políticas económicas que beneficien ao noso país”

Estás aquí: Inicio » Luís Villares: “Confiamos en que a sucesión de Núñez Feijóo veña a favor dun goberno de En Marea que permita desenvolver unhas políticas económicas que beneficien ao noso país”

Luís Villares: “Confiamos en que a sucesión de Núñez Feijóo veña a favor dun goberno de En Marea que permita desenvolver unhas políticas económicas que beneficien ao noso país”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, presentou as propostas de En Marea en materia económico-empresarial convidado polo Clube Financieiro Atlántico na Coruña. No encontro con empresarios e empresarias galegas Villares apuntou factores fundamentais como a necesidade de impulsar a innovación empresarial ou a aposta por unha especialización produtiva coherente coas potencialidades do noso país. Unha das cuestións que na súa opinión é destacable é o baixo número de empresas relacionadas coa innovación ou as novas tecnoloxías ou a escasa transformación de produto primario que se da en sectores como o lácteo ou dos mobles como exemplos desta realidade.

O voceiro de En Marea destacou tamén a falla de captación de investimento estranxeiro cunha porcentaxe que considerou “ridícula” e que valorou como un “grave déficit” no noso país. O marco constitucional foi outra das cuestións as que Villares fixo referencia neste encontro co empresariado galego na Coruña salientando a necesidade de avanzar cara unha lexislación que sirva para potenciar a actividade empresarial en Galicia abandonando a visión curtoplacista e apostando de xeito real polo futuro na que o concepto de territorio cobra vital importancia.

O voceiro de En Marea, ante a falla absoluta dunha política económica adecuada para Galicia por parte do Goberno do Partido Popular, presentou e debateu co empresariado as propostas de En Marea. Nesta liña destacou a necesidade de contar cun entorno institucional no que se poda confiar e que supoña o desenvolvemento dos sectores clave para o noso país. Algúns dos puntos destacados nesta liña por Villares centrouse no desenvolvemento territorial integral, aposta polo I+D+I, ter claras as potencialidades do país sen deixar de lado ningún sector no noso país, aposta pola transformación nos sectores primarios, pero tamén no sector industrial como a automoción ou metalúrxica, incorporación da robótica a industria que non se está a atender.

“A sucesión de Núñez Feijóo da que tanto se está a falar estes días esperamos que veña a favor dun goberno de En Marea que permita desenvolver unhas políticas económicas que beneficien ao noso país” afirmou Villares. Neste sentido lamentou unha vez máis a exclusión de Galicia do Corredor atlántico despois de se coñecer que si unirá Zaragoza e Pamplona pero do que o noso país quedará fora desta infraestrutura vital para o tecido económico-empresarial galego cun retraso que pode ser mortal para as nosas empresas.

O presidente do Clube financieiro Atlántico, Mariano Gómez-Ulla de Irazazabal, agradeceu a presenza do voceiro de En Marea no seu ciclo de conferencias e as achegas económicas presentadas desde En Marea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

13 − two =

X