Estás aquí: Inicio » En Marea presenta unha batería de preguntas sobre o Plan de Atención Primaria e solicita a comparecencia do conselleiro de Sanidade no Parlamento
Eva Solla: ” O presunto plan de Atención Primaria da Xunta é un insulto aos profesionais que non resolve a situación de carencia e xera aínda máis problemas”
O grupo parlamentario En Marea vén de presentar unha batería de preguntas á Consellería de Sanidade para coñecer a porcentaxe orzamentaria que manexa incrementar a Xunta de Galicia para levar a cabo as medidas a medio, curto e longo prazo que se expoñen no Plan de Atención Primaria e como vai paliara a situación de necesidade inmediata de persoal co incremento de prazas que plantexa.
Para a deputada de En Marea Eva Solla, á hora de elaborar este plan “non se tivo en conta a maior parte dos profesionais, nin os xefes e xefas de servizo que dimitiron nos centros de saúde de Vigo nin a maioría dos profesionais puideron acceder a aportar nada nesas conclusións”, polo que o considera “un auténtico bluf que non conta en absoluto con ningun tipo de orzamento parello, malia que a Atención Primaria foi perdendo orzamento paulatino nos últimos anos e hoxe ocupa só o 12% de todo o orzamento da consellería”.
En Marea tamén pregunta na súa iniciativa como pensa o Goberno solucionar o problema concreto da pediatría, respecto das competencias de enfermería, se pensa poñer máis medios para este colectivo dada a súa actual carga asistencial e a suposta asunción de novas competencias no borrador do Plan e por que non contempla o Goberno a curto prazo poñer solución as demandas dos profesionais dos Puntos de Atención Continuada.
” A situación de Atención Primaria non ser resolve incrementando o traslado de competencias a Enfermería sen aumentaro número de profesionais, non se resolver traspasando elementos burocráticos ós enfermeiros e enfermeiras”, sinala Solla, para quen tanto a Medicina como a Enfermería son igual de imprescindibles e complementarias que teñen que funcionar en equipo “e para iso é necesario ter máis profesionais das dúas categorias”.
Ademais, Eva Solla cualificou de “insulto aos profesionais da sanidade” o Plan de Atención Primaria da Xunta, pois non recolle as conclusións da totalidade de colectivos sanitarios, “só as da consellería”. E nese sentido pregunta tamén por que non se recupera a figura de xerencia de Atención Primaria e cales foron os criterios empregados para creación dos grupos de traballo, concretamente por que non se tiveron en conta as xefaturas de servizo de Vigo que presentaron a súa dimisión.
En Marea tamén rexistrou unha solicitude de comparecencia ao Conselleiro de Sanidade, porque a situación de Atención Primaria non se resolve con este Plan que “´so xera máis problemas e hai unha absoluta falta de recursos económicos para poñer en marcha ningún tipo de medida”.