Estás aquí: Inicio » En Marea non se presentará ás próximas eleccións para non fragmentar o voto progresista en Galicia
A formación lamenta a falta de acordo na esquerda para unha coalición ampla e a irresponsabilidade das formacións de situar os postos por riba dos intereses de Galicia.
O Consello das Mareas acordou que En Marea non se presentará ás vindeiras eleccións autonómicas do 5 de abril ao non se ter formado unha coalición ampla de forzas progresistas e soberanistas galegas, asumindo a responsabilidade de non contribuír a aumentar a fragmentación da esquerda en Galicia. O Consello das Mareas, máximo órgano de goberno entre plenarios de En Marea, lamentou a falta de responsabilidade da esquerda en Galicia e lembrou que os pactos de coalición que se coñeceron nas últimas horas recordan o vivido durante os últimos catro anos, preocupación polos postos, pero non polo país.
O Consello das Mareas considera que non presentarse as eleccións é unha responsabilidade política que vai máis alá dos intereses do partido e que sitúa a necesidade de Galicia de cambiar de goberno no primeiro lugar da súa decisión. O consello entende que non presentarse a unhas eleccións autonómicas é unha decisión de risco para unha forza como En Marea, posto que compromete a mesma finalidade da formación política. O consello salientou que a situación de Galicia precisa de exercicios de responsabilidade que, en ocasións, vaian en contra dos intereses directos das formacións que se presentan.
Para En Marea, resulta lamentable que o arco progresista e soberanista galego non fose capaz de poñerse de acordo en artellar unha fórmula que ilusionara a Galicia e fixera real unha opción de cambio no goberno da Xunta. O Consello das Mareas valorou a situación dos últimos días na política galega como moi ilustrativa da situación: partidos de esquerda negociando postos en listas en lugar de negociar programas de goberno. Este non é o xeito de facer política en ningún caso, pero moito menos na situación actual do país.
3 Comments
Estamos nun tempo de transicion pero seguimos adiante sen nenguha dubida.
Coerente…agora votar ben…! Dar exemplo!
Tomastes a melhor decision. Hai que seguir. Artelhar uma formación o mais ampla posible, progresista, moderada e galerista,sen intrusos espanhois nen “camisardos” absolutistas como os da aNova (la vieja casta de aNova). Xempre adiante.