Estás aquí: Inicio » Desde a Marea Feminista solicitamos a retirada da campaña da Xunta do 25N
“O máis grande de Galicia non se maltrata” é o lema da campaña institucional da Xunta de Galicia co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Na campaña, presentada pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, preséntase ás mulleres galegas como “xigantes” que se sobrepoñen a todas as adversidades. Así, comparadas cos principais monumentos das catro provincias galegas, tres mulleres de diferentes idades protagonizan a campaña.
Desde a Marea Feminista (En Marea) non podemos deixar pasar esta oportunidade de denunciar como a Xunta segue sen entender o que significa realmente a violencia machista, sacando campañas como esta que nada teñen que ver coas nosas reivindicacións.
Esta campaña da Xunta non aborda nin as causas da violencia machista, nin o machismo, nin as posibles solucións, nin medidas concretas no ámbito da prevención, a educación... esenciais para rematar con este tipo de violencia. Sinxelamente amosa unha exacerbada cousificación das mulleres, así como un paternalismo patriarcal do máis rancio:
Desde a Marea Feminista pensamos que é unha campaña superficial que evita, intencionadamente, abordar a raíz da violencia machista entre outros motivos porque a campaña parte dun goberno que non toma en consideración e descoñece os argumentos feministas, as verdadeiras causas da violencia machista, a importancia da educación, a formación e a sensibilización. Polo tanto, son incapaces de aportar solucións cun mínimo de sentido e proxeción de futuro. Non se combate o machismo dun xeito eficiente e continuado, non se inviste en medidas de prevención, non se poñen os recursos e servizos existentes para rematar con esta lacra…
Parécenos lamentable e vergoñenta esta campaña, entre outros argumentos, polos seguintes:
É unha mágoa que a Xunta desaproveite así oportunidades para informar e sensibilizar á sociedade en xeral sobre a violencia machista.
Por todo o exposto, desde a Marea Feminista emprazamos á Xunta de Galicia a redirixir o sentido desta campaña, a escoitar ás organizacións, asociacións feministas… e deixarse aconsellar para levar adiante unha campaña acorde á temática, sen paternalismos nin proteccionsimos, contando coas maiorías sociais para facer políticas efectivas, non propaganda.
En definitiva a Marea Feminista solicita a retirada desta campaña da Xunta tal e como está proposta ao entender que non reflicte nin achega nada positivo, ao contrario, desvaloriza a posición das mulleres na sociedade.