Aprobada a iniciativa de En Marea para que a Xunta apoie os concellos polos que pasa a AP-9 na accións que leven a cabo para reclamar o cobro do 100% do IBI a Audasa

Estás aquí: Inicio » Aprobada a iniciativa de En Marea para que a Xunta apoie os concellos polos que pasa a AP-9 na accións que leven a cabo para reclamar o cobro do 100% do IBI a Audasa

Aprobada a iniciativa de En Marea para que a Xunta apoie os concellos polos que pasa a AP-9 na accións que leven a cabo para reclamar o cobro do 100% do IBI a Audasa

O Parlamento de Galicia vén de aprobar por unanimidade iniciativa de En Marea de dar apoio aos municipios polos que atravesa a AP9 naquelas accións que consideren oportunas para reclamar o cobro íntegro do Imposto de Bens Inmobles, pois como recordou Cal na súa intervención “este beneficio tributario do que desfruta AUDASA é, en definitiva, un copagamento que asumen inxustamente as veciñas dos Concellos polos que atravesa a autoestrada”.

Logo dunha tranasación co PpdeG, a Comisión de Infraestruturas parlamentaria tamén lle deu luz verde á petición ao Ministerio de Fomento a que leve a cabo as modificacións lexislativas oportunas que permitan poñer fin a máis de 40 anos de exención do IBI a Audasa, en virtude dunha concesión administrativa franquista. O deputado Marcos Cal trasladou a proposta defendida polos concellos, que consideran “unha inxustiza que continúe aplicándose o nivel máximo de redución permitido pola lexislación nunha construción que está máis que amortizada e xera beneficios millonarios cada ano.”

“Entendemos que a Xunta de Galicia debe poñer os seus recursos ao servizo dos galegos e as galegas para tratar de reverter esta situación para que unha excepción tributaria pensada para beneficiar ao Estado no seu momento non sexa aproveitada pola concesionaria para obter maiores beneficios prexudicando á cidadanía”, engadiu o parlamentario de En Marea, que puxo a AP-9 como “exemplo da privatización dos beneficios e socialización das perdas practicada polo Partido Popular, neste caso, en beneficio de AUDASA”.
Dende En Marea aseguran que seguirán trasladando ás institucións e ao goberno central a petición de transferencia da AP9 á Xunta de Galicia, e a súa recuperación para o público como servizo gratuito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twelve − 11 =

X