Antón Sánchez : “AUDASA emprega o seu botín en Galiza coa AP9 para refinanciar a débeda do Grupo ENA-Itínere”

Estás aquí: Inicio » Antón Sánchez : “AUDASA emprega o seu botín en Galiza coa AP9 para refinanciar a débeda do Grupo ENA-Itínere”

Antón Sánchez : “AUDASA emprega o seu botín en Galiza coa AP9 para refinanciar a débeda do Grupo ENA-Itínere”

Os datos societarios do grupo EnaItinere (propietario de Audasa), os acordos de refinanciamento da débeda e a xestión económico-financeira do grupo poñen de manifesto que o holding chucha dos beneficios de Audasa para sanear as súas contas e favorecer a venta do grupo empresarial propietario de Audasa.

En efecto, no acordo de refinanciamento da débeda do Grupo Enaitinere de 16 de xaneiro de 2016 pactouse expresamente que Audasa debia destinar o máximo beneficio posible ao pago de dividendos á sociedade propietaria, Enaitinere. Asi consta expresamente no folleto público da última emisión de débeda de Audasa (obrigas 2016 : )

De xeito que as excesivas peaxes que paga a cidadania galega determinan uns elevados beneficios de Audasa que “emigran” despois ao grupo propietario EnaItinere como condición expresa pactada para a renegociación da sua elevada débeda.

E non so iso. Son os beneficios de Audasa e os correlativos ingresos da propietaria (dividendos percibidos de Audasa, pero tamén de Autoestradas de Galicia) as que compensan as perdas das outras concesionarias do estado propiedade de Enaitinere, tal e como consta nas contas consolidadas do grupo.

Audasa descapítalizase (vía emigración de dividendos), ao mesmo tempo que mantén unha elevada débeda financeira e unha elevada taxa de interese da mesma, moi superiores (tanto o volume da débeda e a sua evolución como os tipos de interese pagados) á media do sector, tal e como se pon de manifesto no recentemente publicado Informe de Fomento sobre o sector de autopistas do 2016.
En efecto, no período 2012-2016 a débeda media de Audasa medrou en 202,585 millóns de euros (+24,2%), mentres a débeda do conxunto das 21 concesionarias se reduciu nun -9,31%. AUDASA é segunda das 21 concesionarias cun maior custo da débeda cun tipo medio do 5,8% (fronte á media do sector de 2,7%) e tamén a segunda en maior volume de débeda, 1.040 millóns de media no 2016 (que representa o 13% do total da débeda do conxunto das 21 concesionarias). “A xestión do Grupo tradúcese nunha continuada descapitalización de AUDASA por medio da repartición de de dividendos , mentres medar a débeda e o seu custo, co cal so as elevadas peaxes maneteñen o escandaloso negocio de Audasa”, sinala Antón Sánchez

“O botín conseguido en Galicia úsano para compensar os números vermellos nos resultados doutras concesións do grupo”, sinala Antón Sánchez, que destaca as baixas ratios de persoal xunto á precarización das condicións laborais dos traballadores, as reducidas dotacións para amortizacións e os desorbitados beneficios que xera a a AP9 que se revelan da análise do informe. “En definitiva, trátase de saquear a riqueza de Galiza con elevadísimas peaxes totalmente inxustificadas para parchear a mala xestión e a contabilidade ruinosa doutras concesionarias de ENA-Itínere pensando nunha futura venda do grupo”, engade o vicevoceiro de En Marea.

Silencio cómplice de Feijóo

Deste xeito, Itínere “chucha” os beneficios de AUDASA e de Autoestradas de Galicia achegados polos usuarios galegos, renegocia a súa débeda e mellora as súas ratios económico-financeiras como paso previo para mellorar as condicións de venda do grupo, ao que non só lle achega dividendos, senón tamén ingresos financeiros e de xestión. “Entretanto, o silencio cómplice de Feijóo contribúe a manter esta lóxica depredadora”, denuncia Antón Sánchez, para quen “tan escandaloso é o modelo de xestión do Grupo Itínere como a inacción política da Xunta de Galicia diante das malas prácticas e o espolio dos recursos xerados no noso país”.

“Feijóo exerce como un xestor auxiliar de Itínere , rebaixa as condición impostas á concesionaria, consente a perda de calidade e o aumento das peaxes, pon o espolio de AUDASA e a depredación á que nos somete Itínere por riba dos intereses de Galiza”, conclúe o vicevoceiro de En Marea.

FOLLETO EMISIÓN OBRIGAS AUDASA-2016: 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 + 5 =

X