Candidatura pola provincia de Lugo
Iván R. Lombardero nado en Ribadeo, é xeólogo ambiental. Realizou a súa tese de doutoramento no departamento de Planificación Rural da UPM. Conta con 8 anos de experiencia na docencia universiaria, tendo pasado tamén pola administración ambiental e a empresa privada. Activista ambiental, participou na política municipal como integrante de Ribadeo en Común e hoxe na Marea de Ribadeo.
Iván Rodríguez LombarderoCandidato nº 1 pola provincia da Lugo
Carmen Núñez é Educadora Social. É personal laboral da Xunta de Galicia desde o 2000
Carmen NúñezCandidata nº 2 pola provincia de Lugo
Xose Manuel Fernández é licenciado en Dereito e diplomado na Escola da Práctica Xurídica da USC. Dirixiu a asesoría xurídica do Sindicato Labrego Galego entre os anos 1988 e 1995, e foi socio fundador de Xustiza e Sociedade de Galicia, membro do seu Secretariado e integrante da irmandade Xurídica Galega. Outorgóuselle o premio “Pedro González” por parte do Consello Galego da Avogacía. Ten ampla experiencia en Dereito Civil xeral e da construción, Responsabilidade Civil, Dereito civil de Galicia e Dereito administrativo.
Xose Manuel FernándezCandidato nº 3 pola provincia de Lugo
Teresa Burgo é veciña de Lanzós, parroquia do Concello de Vilalba. Licenciada en Dereito pola UDC, traballa como avogada laboralista en CC.OO na asesoría xurídica de Lugo-A Mariña. Con maior ou menor intensidade, participa dende ben moza do activismo social, xa sexa no campo político, cultural e por suposto nos movementos feministas. É membro fundacional do grupo de música tradicional BUXOS VERDES de Vilalba, no que é gaiteira. Na actualidade é membro do Consello das Mareas.
Teresa BurgoCandidata nº 4 pola provincia de Lugo
Paco Villanueva é enfermeiro. Foi o fundador do Sindicato Galego da Sanidade (SGS). Durante catro anos foi o Secretario Xeral da CIG en Lugo (antes o fora da CXTG). Dende o 98 abandonou a actividade sindical e estivo de Presidente da Federación Galega de Triatlon. Na actualidade, é Vicepresidente da Federación Española de Pentatlon Moderno. Foi directivo do Colexio de Enfermería de Lugo e durante oito anos Presidente do Comité de Empresa do Hospital Xeral-Calde de Lugo. Tamén é activista social.
Paco VillanuevaCandidato nº 5 pola provincia de Lugo
Previous
Next