A Xunta recoñece que segue sen unha solución a curto prazo para o centro de saúde de Ribadavia

Estás aquí: Inicio » A Xunta recoñece que segue sen unha solución a curto prazo para o centro de saúde de Ribadavia

A Xunta recoñece que segue sen unha solución a curto prazo para o centro de saúde de Ribadavia

A voceira de Sanidade de En Marea Eva Solla volveu trasladarlle ao xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, a preocupación pola situación da atención sanitaria de Ribadavia e a súa contorna, cun centro de saúde obsoleto con barreiras arquitectónicas graves, sen saída de emerxencia en plan de evacuación en caso de incencios e que sofre a cotío inundacións e problemas serios de humidade.

“O tirapuxa entre Xunta e concello pola disposición dos terreos para a construción do novo edificio non pode ser sempre o pretexto” sinalou Eva Solla, “pois a cidadanía leva máis de dez anos agardando unha solución e nos Orzamentos para 2018 que vén de presentar o goberno galego non hai partidas nin para o novo centro nin para arranxar o vello”.

O xerente do Sergas recoñeceu que a día de hoxe seguen agardando unha resposta do concello con respecto aos terreos e que mentres tanto tratan de facer “arranxos puntuais” no vello centro de saúde porque “para a Xunta a solución pasa por contruír o novo edificio”. E xustificou as demoras pois “non temos unha comunicación en firme do concello de que finalmente non se vai facer esa cesión dos terreos”.

Na quenda de réplica Eva Solla lembrou que máis alá do mantemento puntual, os problemas máis graves do centro de saúde seguen sen resolverse e pediu un prazo concreto para comezar a construción do novo edificio. “Canto máis van facer agardar aos usuarios e usuarais de Ribadavia?” inqueriu Solla, sen que o xerente de Sergas ofrecese na súa resposta data concreta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

16 − six =

X