O voceiro de En Marea reuniuse esta tarde en Monforte coa Xunta do Persoal do Hospital Comarcal e coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

Estás aquí: Inicio » O voceiro de En Marea reuniuse esta tarde en Monforte coa Xunta do Persoal do Hospital Comarcal e coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

O voceiro de En Marea reuniuse esta tarde en Monforte coa Xunta do Persoal do Hospital Comarcal e coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

Monforte, 15 de setembro de 2017.- O voceiro de En Marea Luís Villares mantivo esta tarde unha xuntanza en Monforte para avaliar as consecuencias da nova Lei de Saúde de Galicia para a área sanitaria, que previsiblemente desaparecerá trala aprobación do novo texto normativo. A reunión, na que estiveron presentes representantes da Xunta de persoal do Hospital de Monforte e mais da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, falaron sobre as actuacións a desenvolver para esixir a retirada da nova lei.

Ademais de afastar a poboación dun dereito básico, a supresión de áreas sanitarias coma a de Monforte vai conlevar un deterior da Atención Primaria e tamén na atención sanitaria especializada nas comarcas galegas”, declarou Luís Villares ao remate da xuntanza, durante a que lle transmitiu a toda a comunidade sanitaria a oposición de En Marea á nova lei e o compromiso de traballar “nas institucións e tamén nas mobilizacións da rúa contra un texto elaborado de lombo a todo o persoal sanitario, a sindicatos e tamén a pacientes e usuarios”

Ademais, o voceiro de En Marea amosouse convencido de que a Xunta modifica o mapa de áreas sanitarias como paso previo “a seguir aplicando máis recortes en medios humanos e materiais” e avanzar na privatización da sanidade pública.

Trala xuntanza, ás 20.30h Luís Villares e a deputada Paula Vázquez Verao participarán nun acto informativo sobre as consecuencias da modificación da Lei de Saúde que terá lugar na Casa de Cultura de Monforte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twenty + nine =

X