Estás aquí: Inicio » Unanimidade á iniciativa de En Marea de instar á Xunta a buscar un comprador para Isowat
O pleno do Parlamento de Galicia vén de aprobar unha proposición non de lei de En Marea, defendida polo deputado Francisco Casal, para que a Xunta desenvolva as actuacións necesarias para atopar un investidor ou posible comprador e para facilitar un acordo rápido e razoable co principal acreedor no concurso da mesma que posibiliten un novo futuro á compañía, tendo en conta as posibles garantías financeiras ou outras iniciativas financeiras entre as que dispón o Igape.
Ademais, acordouse por unanimidade instar ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para que colabore nas iniciativas necesarias para dar solución á situación da empresa e buscar solucións viables que faciliten o mantemento dos postos de traballo en Isowat e dean continuidade ás achegas tecnolóxicas que fai a empresa.