Vídeo

Estás aquí: Inicio » Vídeo

O grupo de En Marea xunto co resto dos grupos da oposición anunciaron a comisión alternativa de investigación sobre os recortes na sanidade pública galega que arrancará o vindeiro luns 17 de decembro no Parlamento de Galicia. Ante a situación grave da sanidade publica galega con falecementos das vítimas que non recibiron tratamento de hepatite C a tempo e a morte dun home no PAC da Estrada sen ser atendido por falla de facultativo no centro, os grupos da oposición solicitaran unha comisión de investigación no Parlamento na que o grupo maioritario impediu que comparecesen as vítimas dos recortes. Ante isto os grupos da oposición optaron por non participar na comisión oficial e organizar unha comisión na que puidesen ter voz os que foron vetados polo Partido Popular como explicou a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, na rolda conxunta dos grupos da oposición. Esta comisión tentará ofrecer unha perspectiva global e non unilateral como pretendía o Partido Popular para ocultar a grave situación que está a vivir a sanidade pública do noso país.

“Houbo un veto e unha manipulación do contido da comisión, o PP o único que pretendían era escoller os comparecentes dentro das nosas propostas os que lle viñan ben. Unha indecencia que non nos deixaran presentar as nosas propostas. En ningún momento os grupos da oposición vetamos as propostas do PP e entendiamos que o PP non debía tampouco vetar á oposición” explicou a deputada de En Marea.

Nesta comisión alternativa organizada pola oposición que arrancará o vindeiro luns 17 de decembro, comparecerá en primeiro lugar o portavoz da familia do falecido no PAC da Estrada Manuel Pereira, curmán do falecido Manuel Brey Pereira. Comparecerán nesta primeira xornada tamén  dúas persoas representantes da plataforma PACs en pé de guerra, o médico Eduardo Díaz e a enfermeira Pilar Rodríguez.

“Levamos a esta comisión alternativa as propostas que presentabamos e que foron vetadas para que conten a realidade do sistema sanitario. É enriquecedor tamén escoitar as propostas que teñen para mellorar e cambiar a grave situación actual e iso será o que faremos nestas xornadas” afirmou Eva Solla.

Todos os grupos da oposición volveron a pedir a dimisión do Conselleiro de Sanidade, Jesús Almuíña, que aseguraron “tiña que ter dimitido xa hai tempo” pero nos últimos meses a situación chegou a límites intolerables ata chegar ao momento actual no que no caso de non dimitir el mesmo, debería ser a propia Xunta a que debería deixar caer ao Conselleiro ante a súa pésima xestión como defendeu Eva Solla.

13 Decembro, 2018

O 17 de decembro arrancará a comisión alternativa de investigación dos recortes da sanidade pública impulsada pola oposición

O grupo de En Marea xunto co resto dos grupos da oposición anunciaron a comisión alternativa de investigación sobre os recortes na sanidade pública galega que […]
5 Decembro, 2018

O Parlamento aproba por unanimidade a iniciativa de En Marea para establecer unha política retributiva máis transparente dos cargos públicos

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a proposición de Lei presentada pola vicevoceira de En Marea, Carmen Santos, na que se insta á Xunta a […]
5 Decembro, 2018

En Marea acusa ao PP de querer amordazar o Parlamento para impedir que voces incómodas amosen a realidade dos recortes na sanidade pública

O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou na sesión de control ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a mordaza que intenta poñer […]
4 Decembro, 2018

En Marea aproba no Parlamento a mellora das concidións laborais e salariais das camareiras de piso en Galicia

Ademais, En Marea sacou adiante a modificación da xubilación anticipada para as traballadoras que non pode continuar exercendo o seu traballo debido as doenzas derivadas do […]
26 Novembro, 2018

En Marea insta impulsar un plan de emerxencia para por fin aos feminicidios

O grupo parlamentario de En Marea salientou o novo éxito de participación das manifestacións e concentracións no noso país no 25N contra as violencias machistas.  A […]
19 Novembro, 2018

En Marea pide a devolución os orzamentos da Xunta para 2019 por “decepcionantes, restritivos, mediocres antisociais, continuístas e neoliberais”

  O grupo parlamentario de En Marea presentou unha emenda á totalidade e solicitou á devolución do proxecto de orzamentos xerais para o exercicio 2019 da […]
6 Novembro, 2018

Eva Solla acusa á Xunta de someter a “escravismo” ao persoal dos Puntos de Atención Continuada

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, reclamou un plan de mellora da Atención Primaria, dotándoa de persoal, equipamento e acceso aos […]
24 Outubro, 2018

Luís Villares: “Tras a vaga de lumes crearon unha cortina de fume para ocultar a súa incompetencia, o seu abandono do territorio e non foron quen de cumprir o comprometido”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, fixo valoración da xestión do goberno galego un despois da vaga de lumes: “o mesmo abandono, o mesmo desleixo, […]
23 Outubro, 2018

O Parlamento galego aproba a iniciativa de En Marea para acabar “precariedade, pobreza laboral e desigualdade”

O deputado de En Marea, Manuel Lago, denunciou a precariedade laboral que ten que soportar unha grande parte da cidadanía no noso país. E como mostra […]
22 Outubro, 2018

Luís Villares: “A Xunta é refén dos lobbies sanitario, forestal e do ladrillo polo que introducen pola porta de atrás nos orzamentos cuestións fundamentais evitando o debate social”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, lamentou que o “Partido Popular unha vez máis entre elixir á xente e aos seus amigos volve a elixir […]
19 Outubro, 2018

En Marea amosa o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa na Coruña e aseguran que “non imos parar ata que se levante o ERE de enriba da mesa”

En Marea mantivo unha xuntanza cos traballadores e traballadoras da factoría de Alcoa na Coruña para coñecer de primeira man a súa situación e trasladar o […]
19 Outubro, 2018

En Marea tacha de “decepcionantes, regresivos e antisociais” os orzamentos da Xunta 2019 cos que aseguran o PP consolida os recortes

O voceiro de En Marea, Luís Villares, fixo unha primeira valoración dos Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano entregados no Parlamento de Galicia […]
18 Outubro, 2018

O grupo parlamentario de En Marea esixe á Xunta un cambio radical das súas fracasadas políticas de vivenda

O grupo parlamentario de En Marea esixe á Xunta de Galicia un cambio radical das súas fracasadas políticas en materia de vivenda coas que se está […]
X