Ligazón

Estás aquí: Inicio » Ligazón

Lugo,18 de abril de 2018.- En Marea apoia as reclamacións das xuízas e fiscais e as mobilizacións que realizarán durante os vindeiros días. O voceiro de En Marea, Luís Villares, entrevistouse en Lugo coa voceira de Xuízas e Xuíces para a democracia, Sandra Piñeiro, para coñecer cales son as circunstancias nas que se desenvolve o seu traballo e as súas reinvindicacións concretas.

O voceiro de En Marea, explicou que as mobilizacións das xuízas e fiscais están centradas en tres puntos fundamentais: en primeiro lugar “tomar medidas encamiñadas a reforzar a independencia xudicial, entre elas reformar o sistema de nomeamento de altos cargos xudiciais para garantir a igualdade de xénero e asegurar a capacidade e o mérito con transparencia e limitación de mandatos”.

Outro dos puntos que En Marea respalda é “a necesidade dun plan de investimentos que permita a modernización dos sistemas de xestión para os xulgados, para unha xestión máis áxil e que garanta os dereitos lingüísticos da cidadanía”.

En terceiro lugar, tamén coincide Luís Villares sobre a necesidade de “conciliación de xuízas e xuíces entre a vida laboral e a persoal, algo que en relación co resto do funcionariado de Xustiza non se está cumprindo plenamente”. Neste mesmo sentido, o voceiro de En Marea apuntou que é necesario “fixar topes máximos de carga de traballo que eviten os colapsos nos xulgados e desde este punto verificar a necesidade de creación de máis prazas de xuízas, xuíces e fiscais que permitan atender as necesidades da cidadanía nun tempo razonable.”

Para Luís Villares trátase sobre todo de “asegurar a administración de xustiza como un sistema de garantía de dereitos, de resolución de conflitos e de control do poder”.

Luís Villares tamén explicou na súa comparecencia trala reunión con Sandra Piñeiro que estas mobilizacións de xuízas e fiscalías se sumaba en Galicia á folga que manteñen os funcionarios de Xustiza, unha folga que, segundo explicou o voceiro, “xa só depende de Feijóo e Rueda e da súa negativa constante”. Villares lembrou que o Parlamento de Galicia “xa deu por boas no seu día as reclamacións dos funcionarios e tanto Feijóo como Rueda só terían que ter acatado o que o pleno aprobou por unanimidade e, polo tanto, cos votos a favor do seu partido”.

FIN DO VETO PARA AP-9

O voceiro de En Marea asegurou en Lugo que a resolución do Tribunal Constitucional sobre o veto ao debate da LOMCE é aplicable ao veto que o goberno mantén ao debate da transferencia da AP-9 a Galicia. Segundo sinalou Luís Villares, “O TC acaba de dicir que non se poden vetar debates que afecten a orzamentos futuros cando estes non están aprobados”. Tamén sinalou o voceiro que o Constitucional explica que aínda que afecte aos orzamentos “hai que explicar a que partidas en concreto afectan os cambios propostos en eses debates”.

Villares sinalou que unha vez escoitado o TC “hai que deixar moi claro que En Marea volverá a levar ao Parlamento de Galicia e ao Congreso a necesidade de debater sen vetos sobre a transferencia a Galicia da xestión da AP-9 porque nós queremos unha autopista galega, pública e libre de peaxe”.

18 Abril, 2018
Lugo,18 de abril de 2018.- En Marea apoia as reclamacións das xuízas e fiscais e as mobilizacións que realizarán durante os vindeiros días. O voceiro de En Marea, […]
12 Febreiro, 2018
O voceiro de En Marea, Luís Villares, fixo balance dos catro meses da vaga de lumes que asolou Galicia e que revelou toda a incompetencia do […]
11 Febreiro, 2018
Conversamos co noso voceiro, Luís Villares, que nos da a súa visión da situación actual sobre distintos temas relevantes no noso país: – SANIDADE: As mobilizacións […]
X