Traballos en Grupos Sectoriais

Estás aquí: Inicio » Traballos en Grupos Sectoriais

Que son?

As Mareas Sectoriais son grupos de traballo sobre áreas temáticas concretas. Son a forma de que as inscritas poidan participar no traballo sectorial. Por iso, son permanente abertas á incorporación e participación de quen o desexe.

Unha vez perfiladas as propostas de traballo dunha Marea Sectorial, estas darán lugar necesariamente a unha xornada presencial de debate, formación ou, se fora o caso, fixación de posición.

Darán conta á Coordinadora e ao Consello da súa actividade e do resultado do seu traballo. Cando as propostas impliquen unha posición política novidosa o Consello remitiraas ao Plenario para a súa o seu debate e aprobación, e no seu caso, incorporación aos postulados políticos de En Marea.

Terán autonomía para decidir os asuntos de interese social e político a tratar en cada momento dentro das liñas políticas de En Marea. Tamén poderán manter debates e formular propostas ou aliñamentos políticos a instancia do Consello, a Coordinadora ou os grupos parlamentarios.

Sempre incorporarán nas súas análises a perspectiva de xénero.

Como Funcionan?

O funcionamento estará guiado polos principios de cooperación, consenso, publicidade e tenderán a autorregulación interna. Habilitaranse ferramentas para que poidan desenvolver as súas tarefas tanto de xeito presencial como por vía telemática, aínda que se fomentará que os debates se poñan en común de forma presencial e aberta a todas as persoas inscritas.

Cada unha terá un grupo dinamizador, de composición paritaria, escollido por elas mesmas de entre as persoas que a integren, que exercerá de forma colexiada os labores de impulso, coordinación e loxística.

O grupo dinamizador contará preferentemente, como mínimo, con unha persoa por provincia para que nun momento facilitar a realización de xornadas de traballo presencial o mais próximas posibles ás inscritas. As Mareas sectoriais terán apoio das áreas de Formación e Mareas Sectoriais da Coordinadora.

As Mareas Sectoriais teñen carácter deliberativo e as decisións tomaranse por consenso. Caso de non producirse presentaranse as diversas propostas alternativas.

Como se constitúe unha Marea Sectorial?

A instancias dun grupo de tres ou máis persoas que teñan interese en traballar nun área concreta, ou que xa o veñan facendo no entorno da marea. A coordinadora deberá convocar unha marea constituínte aberta a todas as persoas inscritas.

Tamén se poden instar a súa constitución o Plenario e os Grupos Parlamentarios para fixar posturas sobre cuestións determinadas.

X