A marea sectorial de sanidade constituíse o 22 de decembro de 2017 cos obxectivos de
- Organizar un espazo de debate e elaboración de propostas sobre as políticas de saúde no que podan participar os membros de EnMarea que o desexen
- Promover o debate sobre as políticas de saúde, na sociedade e entre os membros das mareas municipais,
- Contribuír a elaborar e facer visible a posición política de EnMarea no sector da saúde,
- Facilitar a intervención, e organizada, de EnMarea nas mobilizacións cidadáns en defensa da sanidade pública.
- Colaborar cos diferentes grupos parlamentarios de EnMarea.
Acordouse que coordinarán esta marea Flora Miranda e Moncho Veras. A conta de correo da marea sectorial de sanidade á que se pode dirixir calquera comunicación é sanidade@enmarea.gal