Rugbi nos cárceres: educar na inclusión a través do deporte

Estás aquí: Inicio » Rugbi nos cárceres: educar na inclusión a través do deporte

Rugbi nos cárceres: educar na inclusión a través do deporte

O Parlamento aprobou por unanimidade a proposta de En Marea de trasladar aos cárceres galegos o proxecto “Rugbi nos cárceres” promovido pola Federación Galega de Rugbi.

En Marea trasladou esta mañá á Comisión de Interior do Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para que o proxecto “Rugbi nos cárceres” da Federación Galega de Rugbi se desenvolva nos penais galegos, dotándoo económicamente a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

O promotor da iniciativa, Francisco Casal, destacou os valores vencellados a este deporte, coma o respecto polo rival, as normas e a autoridade do árbitro, o xogo limpo e a integridade. “É un deporte que ten sitio para todos e todas, altas e baixos, pesados e lixeiros, rápidos e menos rápidos nos diferentes postos do equipo, ademais de practicarse en distinas modalidades competitivas, facendo que as opcións de xogo sexan infindas”, lembrou o deputado.

Na iniciativa, En Marea tamén reclama a necesidade de “dotar orzamentariamente o proxecto nas súas pequenas necesidades de financiamento, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Federación Galega de Rugbi.

Aprobouse tras unha transacción co PpdeG, que apostaba por ampliar a iniciativa a outras disciplinas deportivas e a outras consellerías.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eight + 2 =

X