Estás aquí: Inicio » Reprochamos a covardía política de Feijoo ao non dar a cara ante a crise da factoría de Alcoa
Ante a solicitude conxunta de toda a oposición presentada onte por En Marea xunto co resto de partidos da oposición, solicitando a comparecencia na Deputación Permanente do Presidente da Xunta para falar da crise de Alcoa, dando conta das medidas que ten previsto adoptar para evitar o peche da fábrica de Alcoa en San Cibrao e garantir o emprego, así como garantir a continuidade da antiga fábrica de Alcoa na cidade da Coruña, hoxe contestou o Partido Popular informando de que a comparecencia a realizará o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
Ante esta situación, dende En Marea amosámonos abraiadas ante unha covardía política deste calibre do señor Feijoo, que, ante unha das crises industriais mais importantes da historia de Galicia, se esconde e non quere dar a cara.
O noso covoceiro, Pancho Casal, reprocha que o Presidente da Xunta “non queira nin falar de cuestións esenciais como se ten propostas para tentar solucionar a crise de Alcoa, ou de qué lle parecen as propostas do resto dos partidos, agochándose outra vez no telexornal da TVG sen dar a cara ante os representantes da cidadanía”.