Que é En Marea

Estás aquí: Inicio » Que é En Marea

En Marea é o espazo do cambio en Galicia. Un proxecto horizontal e aberto, construído desde a base, para representar os intereses da maioría social, das persoas agredidas polas políticas de austeridade, miseria e recorte, das que practican o deporte de risco de chegar a fin de mes, das que non poden vivir nun rural esquecido polas institucións, nin nun mar contaminado polos abusos e a indiferenza. Para que nada siga igual queremos mudalo todo.

En Marea é o ben común. En Marea somos todas

Plenario: En Marea como espazo asemblearista ten un Plenario composto por todas aquelas persoas adscritas a En Marea que asistan ás súas convocatorias. As súas reunións son semestrais de xeito ordinario aínda que tamén pode ter unha convocatoria extraordinaria se así o solicita un 10% do censo ou 1/3 do Consello das Mareas . É o órgano que ostenta con carácter ordinario a dirección política

Consello das Mareas: é unha dirección política por delegación do plenario, escollida democráticamente mediante eleccións internas. O seu funcionamento interno será colexiado e democrático, primando os principios de consenso, transparencia e cohesión na acción externa. O Consello renderá contas ante o Plenario e as persoas inscritas. Está composto por 35 persoas e son os seus membros os que escollen unha Coordinadora de 11 persoas e o seu mandato durará dous anos. Coordinadora: consta de 11 persoas escollidas polo Consello das Mareas. As súas competencias son de coordinación e debe manter un contacto fluído co Consello das Mareas e dar traslado das cuestións máis importantes ao Plenario.

Comisión de garantías: é un órgano colexiado composto por 5 persoas. En ningún caso actúan de oficio, senón a petición de parte. Son o garante e intérprete do cumprimento dos acordos plenarios.


X