Estás aquí: Inicio » Programa » Todos os servizos para todas as persoas » Un país de todas e todos e para todas e todos

Un país de todas e todos e para todas e todos

Galicia sempre foi un país xeneroso e solidario. Coñecemos a emigración en carne propia, unha lacra da que desexamos que desapareza. Implementaremos un plan de retorno para facilitar que aqueles galegos e galegas que tiveron que deixar o noso país por motivos económicos poidan regresar coas súas familias, e investir a súa intelixencia e traballo aquí. Apostaremos por unha política de portas abertas para as persoas refuxiadas, xa que apostamos por un concepto de cidadanía global.

1210. Plan de retorno para facilitar a volta a casa dos galegos e as galegas emigradas.
O Goberno da Xunta garantirá nun prazo non superior a 6 meses a integración das persoas retornadas restablecendo inmediatamente os seus dereitos sociais, sen que se lles poida esixir un período mínimo de residencia. Devolverá de maneira inmediata a tarxeta sanitaria a aquelas persoas emigradas que lles fose retirada. Adoptará as medidas necesarias para eliminar os obstáculos que dificultan ás galegas retornadas o acceso ás bolsas de traballo, ás prestacións e beneficios sociais existentes. Facilitará o acceso á vivenda de protección oficial, pisos tutelados, axudas para o alugueiro e adquisición da primeira vivenda dos retornados. As xestións administrativas centralizaranse na Oficina de Retorno e o traballo realizarase en estreita colaboración coas asociacións e federacións de emigrantes e de retornados.
2211. Portas abertas
Somos un país diverso, tamén no que ten que ver coa orixe das persoas que o habitan. Recuperaremos o investimento en políticas de acollida de migrantes, colaborando con iniciativas municipais como as UAMI (Unidades de Atención ás Migracións), O Foro Galego de Inmigración e a Rede Galega de Apoio aos refuxiados) e garantiremos que ningunha persoas sexa excluída por razóns de orixe do goce dos seus dereitos básicos. Derrogaremos igualmente o chamado “Informe sobre o proceso de integración dos estranxeiros” en Galicia.

X