Estás aquí: Inicio » Programa » Todos os servizos para todas as persoas » Sementar o futuro

Sementar o futuro

O poder galego recoñecerá todos os tipos de familias, entendendo que a sociedade galega de hoxe é moderna e plural, polo que non poden darse discriminacións de ningún tipo. Promoveremos políticas de igualdade que non sexan discriminatorias para aquelas mulleres que decidan ser nais.

1163. Todas as familias recoñecidas [e os seus modelos]

O 53,3% das familias dunha soa persoa proxenitora están en risco de pobreza no Estado, fronte ao 30,5% das familias biparentais. Dos 110.000 fogares galegos monoparentais, o 84,3% están compostos por unha muller adulta e fillas/os e o 25% deles están en situación de risco de pobreza e/ou exclusión social. Os problemas económicos aos que se enfronta este modelo de familias son moi similares aos das familias numerosas, pero son a peza esquecida das políticas fiscais ao non axustarse ao modelo de familia tradicional. Con esta medida queremos darlles o mesmo tratamento fiscal a ambos os dous modelos familiares a través da aplicación, entre outras, de deducións fiscais, bonificacións e exencións nas taxas tributarias e no tramo autonómico do IRPF, que veñen recollidos na Lei de acompañamento aos Orzamentos Públicos da Xunta de Galicia.

2164. Eliminar a penalización da maternidade sobre o emprego das mulleres.

Eliminaremos o factor de penalización que a maternidade representa actualmente para as mulleres a través dun programa de corresponsabilidade efectiva nas familias biparentais. Equipararemos os permisos por nacemento -iguais, intransferibles e remunerados ao 100% do salario- entre traballadores e traballadoras da administración galega. Instaremos ao goberno estatal para que emprenda a reforma lexislativa para a equiparación plena dos permisos por nacemento e que cada persoa proxenitora teña igual permiso, intransferible e remunerado ao 100% do salario, independentemente do seu sexo, criterio de convivencia ou diversidade familiar.


X