Estás aquí: Inicio » Programa » Todos os servizos para todas as persoas » Políticas sociais para construír o benestar

Políticas sociais para construír o benestar

Apostamos por un modelo de benestar social integral, que atenda as necesidades da xente neste momento de emerxencia social. Apostaremos por unha Renda galega de cidadanía que mellore o modelo obsoleto da RISGA, que supere o mero asistencialismo e que sexa un motor para a integración social. Apostaremos por reiniciar as políticas de dependencia, apostando por un sistema galego que sexa quen de asumilo. Esixixermos ao Estado a reposición da súa achega ao Plan Concertado mínimo ao nivel de 2011 tendo como horizonte a súa superación. Marcándonos como obxectivo que o sistema de Servizos Sociais sexa recoñecido, en futuras reformas, no Estatuto de Autonomía.

A situación de emerxencia social en que desembocaron sete anos de políticas neoliberais extremistas conduciron a que, en 2014, arredor de 600.000 galegas e galegos se atopasen en risco de pobreza ou exclusión social. As actuais Renda de Inserción Social (Risga) e as Axudas de Inclusión Social, tal e como as xestionaron os gobernos de Feijóo, derivaron nunha elevadísima porcentaxe de denegacións e solicitudes pendentes de resolver. Propoñemos modificar a lei transformando a Risga nunha Renta Básica da Cidadanía, facilitando o acceso de persoas en situación de vulnerabilidade pero agora excluídas; incrementando o seu orzamento (no 2016, de só 53 millóns de euros para toda Galicia) e a contía das axudas, e reforzando o persoal administrativo para evitar retrasos na tramitación de expedientes. Do mesmo xeito, incrementaranse os fondos do Plan Social contra a Desigualdade (na actualidade de só 20 millóns de euros), así como a súa programación, obxectivos e contidos.

1160. Sistema galego de atención á dependencia.

Garantirase a suficiente cobertura pública do catálogo de servizos, que serán accesibles para o usuario e a súa contorna e deberán atender á demanda de maneira personalizada e resolutiva. Contaremos con medios técnicos e humanos que faciliten a asistencia na contorna da persoa dependente. Ampliaremos o investimento público en atención á dependencia, ata cubrir a demanda actual e estableceremos un calendario urxente de atención coa finalidade de reducir o número de persoas que están nas listas de agarda.

2161. Renda galega de cidadanía. Un sistema de inclusión social para todos e todas

É necesario abordar unha reforma en profundidade da Renda de Inclusión Social de Galicia tendo en conta que a actual Lei contempla un prazo máximo de seis meses, desde a súa publicación, para elaborar as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento e aplicación que. A día de hoxe non se levaron a cabo, co prexuízo que isto supón para as persoas que son potenciais beneficiarias desta prestación. Isto provoca arbitrariedade e desprotección e un uso ineficiente dos recursos. Cómpre desenvolver unha lei que potencie realmente a inclusión social e que de cobertura ás necesidades básicas das persoas en situación de vulnerabilidade social. Promoveremos a revisión dos requisitos de acceso da RISGA e AIS facilitando a entrada ás persoas actualmente excluídas, incrementaremos a contía económica da RISGA pasando a ser o ingreso mínimo do 150% IPREM e o ingreso máximo o 250% IPREM. Promoveremos un Reforzo de persoal para evitar os actuais atrasos na tramitación dos expedientes.

3162. Socialización dos coidados

Realizaremos un xiro para incluír as actividades do ámbito familiar e comunitario dentro da nova ‘Estratexia galega de socialización dos coidados’ ordenando e dignificando as condicións deste novo sector de emprego, con criterios de calidade e condicións de traballo digno nos servizos de coidados. Crearemos unha ‘Rede de servizos públicos de coidados’ que atenderá ás necesidades dos coidados das persoas nas diferentes etapas e situacións do seu ciclo vital e que recoñeza formalmente o traballo das persoas inmersas nesta actividade. Incentivaremos a creación e funcionamento de empresas, de economía social ou cooperativas, adicadas aos coidados ao longo do ciclo de vida.


X