Estás aquí: Inicio » Programa » Todos os servizos para todas as persoas » Loita contra a pobreza

Loita contra a pobreza

Galicia vive un momento de emerxencia social, polo que o poder galego deberá atender determinadas continxencias para rematar con necesidades urxentes de moitos galegos e galegas. Elaboraremos un plan integral para a atención das persoas sen teito. Respectaremos os termos estritos do pacto contra a pobreza. Elaboraremos un plan para rematar coa feminización da pobreza.

1204. Respecto estrito ao pacto contra a pobreza.

En Marea comprométese a cumprir e facer respectar o Pacto Galego contra a Pobreza, un documento impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD que recolle o compromiso político en relación á cooperación internacional ao desenvolvemento, á loita contra as desigualdades e a favor da xustiza social; tamén no eido do comercio xusto, loita contra o cambio climático e a igualdade de xénero.

2205. Plan Integral de atención ás persoas sen teito.

Unha sociedade que procure un mínimo de xustiza e benestar social non pode permitir que existan persoas que non teñan garantidos uns mínimos de dignidade para o seu día a día. E Deseñaremos unha estratexia galega de atención a persoas sen fogar e transeúntes, que garanta a coordinación e corresponsabilidade entre a administración autonómica e as administración locais e tamén, coas entidades sociais que traballan neste ámbito.

Na liña de garantir a dignidade de todas as persoas, previa consulta cos órganos colexiados correspondentes, cortaremos toda colaboración con aquelas entidades que mostren unha actuación pouco ética e irresponsable diante desta problemática. En colaboración cos concellos e deputacións dotaremos de albergues públicos nas sete grandes cidades galegas.

3206. Plan contra a feminización da pobreza.

Levaremos a cabo políticas activas de emprego feminino, con especial atención ás familias monomarentais. A taxa de risco de pobreza en Galicia, antes das transferencias sociais, é do 34,6% entre os homes e do 37,2% entre as mulleres. A fenda salarial por xénero percíbese tamén nos importes medios de pensións e prestacións económicas. Deste xeito, o que perciben as mulleres é un 65% do que reciben os homes, con importes próximos aos mínimos. Con esta medida pretendemos desenvolver un plan de acción para minorar a incidencia da pobreza sobre as mulleres -con especial atención ás familias monomarentais- que contemple a coordinación de políticas de emprego coas políticas sociais, de educación, de saúde e de igualdade. Para levalo adiante daremos prioridade ás liñas de co-xestión cos concellos na procura de respostas institucionais de maior proximidade.

4207. Implementación de medidas contra a pobreza das persoas con diversidade funcional

Se a pobreza e a precariedade son problemas cada día máis graves na nosa sociedade, na poboación con diversidade ou dependencia o son aínda máis. Elaboraremos un plan integral de atención á saúde física e psicosocial das persoas sen fogar e transeúntes. Implantaremos medidas específicas para identificar e paliar no posible a pobreza das persoas discapacitadas ou dependentes mediante a aplicación dunha renda social de cidadanía

5209. Centros de Atención Integral 24 horas

Dotaremos de Centros de Atención Integral 24h a persoas sen fogar e transeúntes nas sete cidades galegas, de xeito corresponsable coa administración local e procurando a colaboración con entidades sociais que traballan neste ámbito.


X