Estás aquí: Inicio » Programa » Todos os servizos para todas as persoas

Todos os servizos para todas as persoas

Desenvolver todos os servizos para toda a xente como piar fundamental dunha sociedade rica e solidaria. O noso goberno terá como obxectivo fundamental a xustiza social e o benestar de todas as persoas. Un goberno que vai estar ao carón de quen máis o necesite, que vai garantir a dignidade e a igualdade. Un goberno que sabe do lado de quen ten que estar, da súa xente, da xente que co seu esforzo traballa todos os días por un país xusto.

Un goberno galego que vai rescatar a sanidade pública fronte os gobernos do PP que pretenden convertela nun privilexio. Un goberno que sabe que a educación de calidade é o único camiño para termos un futuro digno. Un goberno que non vai aforrar en benestar, que centrará o seu esforzo na recuperación e na superación das actuais políticas sociais. Un goberno que sementará futuro, que facilitará a maternidade e a paternidade. Un goberno que loitará por conquistar a igualdade, que respectará todas as diversidades e que as colocará como base fundamental da nosa cidadanía. Un goberno que non dubide e que loite contra todo tipo de pobreza, que coopere, que sexa solidario, que teime en sermos un país de todas e todos e para todas e todos, independentemente da nosa procedencia.

Un goberno dos máis, que traballe para construír un país mellor, que acompañe a súa xente e sexa quen de desenvolver todos os servizos para todas as persoas. Un goberno da dignidade para un país en común.

X