Estás aquí: Inicio » Programa » O territorio galego: o noso tesouro » Un país que se move

Un país que se move

Precisamos unha Galicia conectada internamente, e tamén co resto do mundo. Optimizaremos a nosa rede de portos e aeroportos para termos unha política integral e de país, que permita a nosa conexión co exterior. Optimizaremos internamente o ferrocarril, demandando a transferencia de competencias. Demandaremos a titularidade pública da AP-9. O Goberno Galego, garantirá o Dereito á Mobilidade da cidadanía, considerando aos sistemas viarios non coma un fin en si mesmos, senón como e por tanto, garantirá un Servizo Público de Transporte que teña en conta intermodalidade e o transporte non motorizado, así como a preferencia dos movementos peonís.

1234. Portos e aeroportos.

O goberno galego debe ter capacidade de xestión dos portos e aeroportos situados no territorio galego. Neste sentido elaboraremos un Plan integrado de coordinación do Sistema Aeroportuario Galego no que participen todos os axentes implicados. Na perspectiva dunha futura privatización total de AENA estudaremos as vías para crear un ente público de xestión aeroportuaria galega. Aprobaremos unha nova Lei de Portos de Galicia que garanta a coordinación e complementariedade que evite a competencia entre portos.

2235. O ferrocarril como modo de transporte sustentable .

Reclamaremos a transferencia das competencias ferroviarias así como a creación dun ente público ferroviario integrado. Desde esta operadora galega promoveremos o tren de proximidade nas áreas metropolitanas, mellorando as conexións entre as cidades así como as conexións coas zonas rurais. Fomentando unha mobilidade máis sustentable e medioambientalmente eficiente. Aprobaremos a Lei Ferroviaria de Galicia.

3236. Titularidade da autoestrada do Atlántico.

A actual xestión da AP-9 non serve para mellorar a cohesión territorial do eixo atlántico e encarece de xeito notable a cada pouco un traxecto fundamental a nivel social e económico. Ademais, a AP9 é unha infraestrutura completamente amortizada. Esixiremos ao Ministerio de Fomento nunha primeira instancia a reversión da concesión e a posterior transferencia efectiva da titularidade da autoestrada AP9.


X