Estás aquí: Inicio » Programa » O territorio galego: o noso tesouro » Protexer os animais

Protexer os animais

A Xunta de Galicia debe deseñar unha nova Lei de protección animal e convivencia responsable. Mentres isto non ocorre, tomará as seguintes medidas para a defensa dos animais.

1283. Modificar o artigo 5 da Lei 1/1993,

eliminando os puntos 2 e 3 que fai excepcións en certas actividades de maltrato animal (tauromaquia e o tiro ao pombiño). Na modificación incluír aspectos como a prohibición de exhibición comercial de animais en tendas, veto ao uso de colares de descargas, pinchos ou esprais, regulación dos santuarios e aplicación de políticas de sacrificio cero de animais domésticos, e cun control exhaustivo do sistema identificador dos mesmos. Endurecemento do catálogo de sancións.

2284. Prohibición do uso de animais en espectáculos circenses e atraccións feirais ou mecánicas.

Entendemos que neste tipo de espectáculos non teñen que participar animais xa que iso demostra un modelo de crueldade contra eles que non debemos permitir nunha sociedade avanzada e do século XXI como a nosa.

3285. Programa de apoio a reconversión de parques zoolóxicos e acuarios co obxectivo de reintroducir aqueles animais que sexa posible liberar

Conversión deses espazos en centros de recuperación de fauna e santuarios de animais que non teñen posibilidade de reintrodución no medio.

4286. Estratexia Galega de prevención do abandono e maltrato animal 2016-2020

Coa elaboración de medidas sensibilizadoras aproveitando as canles de comunicación públicas, como a TVG e Radio Galega, e con especial interese no desenrolo de campañas de senso educativo adaptadas aos diferentes niveis escolares e formativos.

5287. Programa de apoio económico e técnico para as entidades protectoras animais.

Entendemos que o poder galego debe exercer un control preciso daquelas entidades que apostan pola protección animal, e facer un seguimento das súas políticas para coñecer de primeira man as súas actividades evitando así malas prácticas. Creación de un programa de apoio económico e técnico aos concellos para o desenvolvemento de medidas e iniciativas de control responsable de animais da rúa, como a xestión de colonias felinas ou os servizos de rescate e acollida .


X