Estás aquí: Inicio » Programa » O territorio galego: o noso tesouro

O territorio galego: o noso tesouro

O territorio galego constitúe un enorme tesouro que cómpre coidar e mimar para poder continuar a goar del no futuro. O noso goberno respectará o noso ambiente e a nosa xeografía, consciente da enorme riqueza que conteñen. Un goberno que traballará para conservar e desenvolver todos os recunchos de Galicia, todas as cidades, vilas, barrios e parroquias do país.

Imos organizar o territorio para vertebrar o país, para equilibrar, para conseguirmos que ningunha comarca fique atrás. Deseñaremos políticas públicas para construír espazos de benestar e solidariedade, de protección social, de oportunidades económicas. Nós pensamos o país na súa globalidade. Para nós é prioritario rematar coa emerxencia habitacional que existe en Galicia, porque as casas teñen que ser para a xente e non para os bancos, que sabe que non pode haber xente sen casas.

Nós queremos defender a terra, a nosa terra, o noso ambiente, o noso territorio, que estea ao servizo das persoas que o habitan e non das multinacionais que pretenden zugalo. O noso goberno garantirá o futuro, apostará pola sustentabilidade enerxética e aproveitará o noso potencial enerxético e que non o venderá a prezo de saldo. Un goberno que aposte por protexer o país, a súa riqueza natural, a súa riqueza animal e a súa riqueza paisaxística.

X