Estás aquí: Inicio » Programa » A economía ao servizo da xente » Xestión pesqueira integral

Xestión pesqueira integral

A flota pesqueira de Galicia é a máis importante de España e de Europa pescando en augas comunitarias e internacionais, capturando unha enorme variedade de especies mediante artes de pesca moi diversas. No 2015 a flota galega estaba composta por 4.496 unidades (o 46% da flota española) e achegaban o 57% do valor dos desembarques nos portos españois cun valor de 900 millóns de euros, e un total de 11.426 tripulantes empregados. A explotación do mar no noso país tamén se entende á acuicultura, o marisqueo, a conserva e o naval, no total máis de 36.000 empregos directos e unha produción de 6.200 millóns de euros. O sector produtor de alimentos de orixe mariña incluíndo a conserva e procesado de peixe e marisco, os conxeladores e frigoríficos, a comercialización, o sector naval e todo o entramado de industrias auxiliares e provedoras, ten un peso equivalente ao do sector da automoción en Galicia. Entre 2008 e 2015 perdéronse case 500 barcos, unha caída que supón un 23% menos de capacidade pesqueira. A deixadez da Xunta de Galicia permitiu a permanencia de problemas que son xa reivindicacións históricas por parte do sector como o saneamento das rías ou a erradicación do furtivismo,

190. Diálogo cos sectores do mar.

Impulsaremos un modelo de co-xestión do sector pesqueiro, modelo que debe aplicarse á xestión dos recursos e á orientación da capacidade investigadora e tecnolóxica que Galicia ten. Revitalizarmos o Consello Galego da Pesca, para que sexa a canle de coordinación de todo o sector pesqueiro, dando entrada nel ás asociacións máis representativas do país e implicando ás universidades e aos centros de investigación.

291. Derrogación do Plan do Cantábrico-Noroeste

O actual sistema de reparto de cotas está baseado nas capturas históricas dificultado, a innovación e prexudicando a aquelas flotas que máis apostaron pola sustentabilidade dos recursos. Instaremos ao Estado á derrogación do Plan do Cantábrico-Noroeste e procuraremos e esixiremos criterios de reparto e xustos, que se fundamenten na sostibilidade económica, social e ambiental.

392. Fomentar o cooperativismo.

A historia de sectores como o mexilloeiro, marcado historicamente por baixos prezos da produción, ten amosado que os mellores prezos se conseguen nos momentos en que o grao de unidade interna é maior. Non so iso, as estruturas organizativas (cooperativas, asociacións, etc) teñen fornecido solucións que permiten organizar a saída da produción logo de períodos de mareas vermellas, iniciativas que ofrecían garantías de cobro os produtores, etc. Nese sentido debe ser un elemento central da políticas da Consellería de Mar fomentar o fortalecemento organizativo e cooperativo dos produtores, tanto no caso do bateeiros, como no caso de outros sectores da pesca e o marisqueo.

493. Información veraz da etiquetaxe do mexillón galego.

A Denominación de Orixe Mexillón de Galicia foi creada para axudar a poñer en valor o mexillón das nosas rías, sendo a única que legalmente pode empregar referencias á orixe galega do mexillón. Sen embargo, os dereitos dos produtores e dos consumidores están a ser continuamente vulnerados, empregando dita denominación para a venda de produto foráneo. Comprometémonos a apoiar á denominación galega, promocionándoa e poñendo maiores recursos para o control do etiquetado.

594. Reclamación dun status específico para as artes menores.

A flota artesanal galega é un sector fundamental da industria pesqueira, unha particularidade que debe ser defendida e protexida polo impacto económico e ambiental, moito máis respectuoso que o resto de modalidades. Comprometémonos a reivindicar as súas particularidades e e a reclamar ás institucións europeas un status específico para artes menores e a defender e incrementar o marco de competencia da Comunidade Autónoma para regular a actividade desta flota.

695. Combater o furtivismo.

A presenza crecente de furtivos nas rías galegas e a extensión do fenómeno amosa o ineficaz das medidas adoptadas ate o momento para combatelo. Reforzamos os corpo e os sistemas de vixilancia e control do furtivismo, evitando a extracción e distribución dos seus produtos. En apoio disto levaremos a cabo unha mesa de control do furtivismo para a procura de estratexias comúns entre os distintos corpos de seguridade, autoridades portuarias e as confrarías.

796. Revisión do convenio bilateral de pesca España-Portugal

O convenio bilateral de pesca entre España e Portugal ten permitido que a flota española e a portuguesa operen baixo diferentes condicións técnicas. Dado que os regulamentos se fixan a fin de garantir a sostibilidade da actividade pesqueira, carece de sentido que sexa de aplicación so a unha parte dos que operan nun determinado caladoiro. Consecuentemente esixiremos unha estrita reciprocidade no conxunto das condicións operativas tanto en España como en Portugal e, en particular, en canto á prohibición de faenar durante a fin de semana en augas españolas.

897. Apostar pola formación

Actividades como a pesca artesanal ou o marisqueo están sometidas esixencias competitivas, regulamentarias, de xestión interna, de comercialización ou de sostibilidade que fan preciso incentivar e facilitar cursos de formación e actualización. Estas actividades de formación deben estar deseñadas de acordo as necesidades específicas e contexto existentes en cada confraría ou agrupación.

998. Restrinxir a transferencia de cotas

Os sistemas de xestión pesqueira apoiados en cotas transferibles, sea directamente ou tras os despezamentos de unidades de flota provoca a concentración da actividade en cada vez menos mans, favorecendo un sistema social e ecoloxicamente, cada vez menos sostible e permite facer negocios privados con dereitos públicos. Dende En Marea consideramos que as cotas deben reverter ao sector público si remata a actividade da empresa e, consecuentemente comprometémonos por apoiar a eliminación da mercantilización das cotas, particularmente en Plans como o do Cantábrico.

1099. Saneamento integral das rías

De acordo cun informe da Axencia Europea de Medio Ambiente, máis da metade das zonas de baño de España con mala calidade das augas atópanse en Galicia e o 87% das zonas de marisqueo presentan contaminación fecal (Intecmar). Este dato ilustra a persistencia dun problema que afecta ao potencial marisqueiro, pesqueiro, turístico e recreativo das nosas rías. Ante este problema, dende o goberno galego daremos prioridade a completar a rede de saneamento, renovar instalacións obsoletas, garantir o efectivo funcionamento das estacións depuradoras existentes, reforzar a actividade inspectora en instalacións públicas e privadas e reducir os puntos de vertido ilegais. Esixirémoslle, ademais, ao Goberno do Estado, a revisión de oficio da autorización de prórroga da concesión de ENCE para viabilizar súa retirada da ría de Pontevedra en 2018. O goberno da Xunta, en colaboración co Administración local, dará cumprimento ao vixente Plan de Ordenación do Litoral (POL), asegurando a redacción do instrumento de ordenación territorial ou urbanístico máis adecuado, atendendo, en calquera caso, ao interese público e á utilidade social da actuación que deberá abordar conxuntamente as accións de rexeneración, restauración e reordenación nos terreos actualmente ocupados por ENCE.

11100. Controis sanitarios sobre as importacións de moluscos para sementar nas rías.

Moitos moluscos son depurados en circuíto aberto ou sementados sen ter en conta a presenza de organismos patóxenos, xa que non existe o suficiente control sanitario, podendo traer asociados patóxenos ou semente doutras especies inexistentes en Galicia. Ao efecto de garantir o equilibrio ecolóxico das rías e a sostibilidade das produción, comprometémonos a regular as importacións de moluscos foráneos ás Rías Galegas e garantir a aplicación de controis sanitarios exhaustivos á entrada de organismos vivos para sementa ou depuración en circuíto aberto.

12101. Apoiarse na mellor ciencia dispoñible

Galicia conta co principal sistema de ciencia mariña do estado, estando integrado por centros de investigación públicos e centros tecnolóxicos públicos e privados. Sen embargo, si ben a creación de coñecemento científico é notable, a transferencia dos resultados da investigación aos sectores produtivos e a súa aplicación a resolución dos problema do sector seguen a ser insuficientes. Consecuentemente comprometémonos a incrementar o esforzo para fomentar a investigación aplicada no sector e a transferencia de resultados. En particular:

  • Investir na innovación da industria transformadora dos produtos procedentes do mar para aumentar a súa durabilidade, calidade, preservación e por tanto valorizalos, así como avanzar en las tecnoloxías alimentarias (envases en atmosfera protectora, etc…), contribuíndo así a fixar máis riqueza no territorio.
  • Mellora da identificación de especies a fin de garantir a súa correcta etiquetaxe e evitar fraudes ao consumidor.
  • Fomentar colaboración entre empresa, industria, os sectores produtivos e o sector científico.Dotar de medios económicos, técnicos e humanos, os centros de investigación dependentes da Xunta (Intecmar, CIMA,…) e apoiar a conversión do CETMAR nun verdadeiro centro tecnolóxico, a fin de darlles resposta a problemas coma as enfermidades que afectan aos recursos das Rías (acumulación de chumbo no relojito, marteilia no berberecho, toxicidade da vieira por toxina, etc.), afrontar os problemas derivados do cambio climático (dende os desprendementos do mexillón derivados da temperatura da auga ao impacto que poida ter na produtividade primaria das rías), favorecer a sostibilidade das actividades, etc.
  • Facilitar o aumento da selectividade das artes de pesca: se ben durante o últimos anos a selectividade das artes de pesca ten avanzado significativamente, este campo segue a ser un reto crítico a efectos de conciliar sostibilidade económica e social. Consecuentemente apoiaremos a mobilización de recursos científicos para mellorar a selectividade das artes de pesca.


X