Estás aquí: Inicio » Programa » A economía ao servizo da xente » Sustentabilidade enerxética

Sustentabilidade enerxética

É preciso mudarmos o modelo enerxético galego. O noso país asume fortes impactos ambientais para ser un grande transformador enerxético e, a pesar diso, somos deficitarios en enerxía primaria. Por todo iso, é necesario mudar e volver novamente a primar as fontes renovables (instando ao Goberno estatal a poñer fin as medidas implementadas polo PP que penalizaron este tipo de enerxía) potenciando os plans eólicos que garantan o retorno social e o reinvestimento local dunha parte da plusvalía xerada. Apostaremos tamén pola enerxía solar térmica e fotovoltaica e desenvolveremos un plan de eficiencia enerxética. Apostaremos por:

132. Plan Galego para a transición enerxética
Avogaremos por un auténtico Plan Galego para a Transición Enerxética Galega. Un plan realista, co obxectivo da consecución dun sistema enerxético que intensifique o uso de enerxías renovables, potenciando actuacións locais e de xestión colectiva da enerxía, e promovendo actuación conxuntas tanto do sector público como do privado. Implicaremos nel a administración pública, ao tecido empresarial, asociativo e universitario.
233. Autoconsumo.
Elaboraremos unha normativa que fomente o autoconsumo e a pequena produción distribuída de enerxías renovables, e desenvolvemento deste tipo de produción en colaboración cos concellos, que deberán de ter normativa propia para a autorización de instalacións de pequena produción. Demandaremos ao Estado a derrogación da normativa estatal que pon trabas ao autoconsumo eléctrico. Promoveremos a produción renovable cooperativa e impulsaremos un plan especial para as centrais térmicas de Meirama e As Pontes que contemple a diversificación económica nas súas zonas de influencia.

X