Estás aquí: Inicio » Programa » A economía ao servizo da xente » O viño galego

O viño galego

As 5 denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras) constitúen un notable caso de éxito materializado nunhas cifras crecentes de exportación. Un sector cuxos progresos en materia de profesionalización e incorporación de coñecemento, tense materializado nun produto de elevada calidade. Consolidar os logros acadados e avanzar nun escenario internacional cada vez máis competitivo require de esforzos continuados en materia de comercialización, innovación, cualificación dos recursos humanos e sustentabilidade. En Marea propón as seguintes medidas específicas:

186. Establecerase apoio técnico e económico para continuar cos procesos de reestruturación

Coa incorporación de castes autóctonas e establecendo marcos de plantación que permitan un axeitado cultivo, priorizando aqueles modelos de xestión respectuosas co medio ambiente.

287. Incentivaranse e apoiaranse con recursos públicos aqueles procesos de reestruturación

Mediante reagrupamento parcelario de xestión societaria ou cooperativa, que permitan salvagardar ou recuperar zonas de tradicional aptitude vitícola e permitan a xeración de postos de traballo ligados aos mesmos.

388. As autorizacións para novas plantacións de viñedo deben utilizar criterios de conservación dos recursos agrarios das comarcas vitícolas

En moitas comarcas trátase do único recurso para manter a paisaxe, o medio e a actividade económica, moitas veces converténdose nunha verdadeira viticultura heroica. Esta actividade permite manter a poboación no rural, contribúe ao comercio local e frea o éxodo da xente moza, sobre todo na Galicia interior.

489. Revitalización (resurrección, realmente) da Mesa do Viño e o establecemento de Contratos Homologados

Estes contratos deben garantir prezos xustos e dignos. As explotacións produtoras de uva non poden depender dun mercado non regulado e moitas veces especulativo. A Xunta ten que promover e obrigar á interlocución entre as partes -produción -elaboración -comercialización e consumo, onde a parte máis débil sempre é o agricultor.


X