Estás aquí: Inicio » Programa » A economía ao servizo da xente » Formación para o emprego

Formación para o emprego

Ademais da revisión dos programas formativos para o emprego, resulta imprescindible actuar mediante outras ferramentas a curto prazo, como é a acreditación da experiencia laboral, e a medio prazo, a través da mellora da Formación Profesional.

116. Acreditación da experiencia laboral

Moitos dos e das traballadoras en activo non teñen recoñecida a súa cualificación profesional real a través de ningún documento/acreditación oficial, o que lles impide acceder ou progresar no mercado laboral. As medidas precisas para resolver esta cuestión son as seguintes:

  • Apertura da Convocatoria de Acreditación da experiencia profesional durante todo o ano e non nunha época concreta, ademais de ampliala á maioría das ocupacións con especial peso e relevancia na economía do país, así como as que sexan máis demandadas polos sectores produtivos.
  • Para que a convocatoria pública sexa aberta en tempo e en prazas, haberá que aumentar os recursos, sobre todo humanos, que se dedican dentro da Administración a este tipo de procedemento, así como estabelecer mecanismos de cooperación cos actores sociais
  • Abrir un proceso paralelo de recoñecemento para estes colectivos que non teñen forma de acreditar documentalmente a súa experiencia a través da creación dunha Comisión ao efecto que analice cada un dos casos presentados e permita o acceso coa presentación de outro tipo de documentación: declaracións xuradas, testemuñas, etc.
  • Adaptar os cursos de formación para o emprego dándolle prioridade absoluta no acceso aos mesmos, a todas aquelas persoas que se presentaron ao procedemento e non o superaron.

X