Primarias 2019 - Europeas | En Marea

Primarias 2019 – Europeas

Estás aquí: Inicio » Primarias 2019 – Europeas

Seguindo o calendario fixado, o Comité Electoral de En Marea confirmou este domingo as
integrantes das 9 candidaturas que participarán no proceso de primarias.
As candidatas teñen agora por diante 4 días de campaña, nomeadamente até o xoves día 7
de marzo.
Pasado o tempo de campaña, as inscritas de En Marea estarán emprazadas a votar para
ordear os postos das listas que finalmente representarán as galegas e galegos, tanto no
Congreso e no Senado coma no Europarlamento.
As votacións desenvolveranse dende o venres, día 8 de marzo, ás 9.00 h até o domingo, día
10 de marzo, ás 23.59 h.
O método de votación utilizado será o sistema preferencial Borda, no cal cada inscrita
ordenará as súas candidatas segundo as súas preferencias.
Finalmente, o luns 11 de marzo publicaranse os resultados definitivos.

X