PpdeG e PsdeG pactan para deixar fóra da Mesa da comisión de estudo contra incendios a En Marea, a primeira forza da oposición

Estás aquí: Inicio » PpdeG e PsdeG pactan para deixar fóra da Mesa da comisión de estudo contra incendios a En Marea, a primeira forza da oposición

PpdeG e PsdeG pactan para deixar fóra da Mesa da comisión de estudo contra incendios a En Marea, a primeira forza da oposición

Davide Rodríguez: “Esta comisión xa nace viciada e sentímonos defraudados co pacto que traían da casa PpdeG-PSdeG”

A primeira e a terceira forza con representación parlamentaria na Cámara galega, PpdeG e PsdeG, veñen de materializar un “lamentable” pacto para deixar fóra da Mesa da Comisión especial de estudo e análise das reformas de política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais.”Estamos tristes porque esta comisión xa nace viciada ao excluir da mesa á primeira forza da oposición de Galicia”, denunciou Davide Rodríguez, quen antes da votación pedira chegar a un acordo para que todos os grupos parlamentarios tiveran representación nunha comisión que “non só se vai falar de lumes, pois temos que ampliar o marco e chegar a consensos sobre ordenación do territorio e acadar un gran pacto de país”.

Mal comezamos”, engadiu o parlamentario, que considera que a En Marea lle correspondería a vicepresidencia da Mesa e plantexou como alternativa unha composición rotatoria para que todas as voces da oposición fosen representadas nesta Comisión especial de estudo. “O PpdeG e o PsdeG trouxeron isto aquí totalmente pactado para excluír ao resto de forzas, incluída a segunda forza que hai hoxe no hemiciclo”, sinalou Rodríguez.

Preguntado pola prensa sobre as razóns deste pacto PpdeG-PSdeG, Davide Rodríguez respondeu que “serán eles os que teñan que dar explicacións á cidadanía” e lamentou ter que marchar “defraudados trala constitución dunha comisión “que era unha gran oportunidade para comezar a poñerlle freo á lacras dos incendios e desenvolver un tecido produtivo que manteña vivo o rural”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × two =

X