O PP rexeita a emenda de En Marea para incluír nos Orzamentos 2018 unha partida que permitise a execución da primeira fase de construción dunha Casa de Acollida para Santiago

Estás aquí: Inicio » O PP rexeita a emenda de En Marea para incluír nos Orzamentos 2018 unha partida que permitise a execución da primeira fase de construción dunha Casa de Acollida para Santiago

O PP rexeita a emenda de En Marea para incluír nos Orzamentos 2018 unha partida que permitise a execución da primeira fase de construción dunha Casa de Acollida para Santiago

O grupo parlamentario de En Marea defendeu a inclusión dunha partida económica nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano que permitirá afrontar a execución da primeira fase de construción da Casa de acollida para o área de Santiago de Compostela. Unha emenda que foi rexeitada polo grupo do Partido Popular na comisión de Economía celebrada onte na Cámara galega.

Na súa intervención o voceiro de En Marea, Luís Villares, sinalou a importancia de contar con este tipo de recursos para poder ofrecer unha saída digna e necesaria as mulleres vítimas de violencia de xénero. Así mesmo, destacou que o volume de poboación desta área, do entorno as 250.000 persoas, xustificaría por si so a construción da mesma.

Áreas como A Coruña ou Ferrol xa contan con esta infraestrutura imprescindible para dar unha boa resposta a un problema tan grave como a violencia machista, e que no caso de Santiago de Compostela resulta indispensable poder contar con esta Casa de acollida.

Esta emenda complementaría ao resto de accións propostas polo grupo de En Marea a través das súas emendas aos Orzamentos galegos para 2018 nas que se incluiría unha actuación integral contra a violencia machista e a posta en marcha de un plan de inserción laboral para mulleres vítimas deste tipo de violencia, entre outras accións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twelve + nine =

X