Plenario

Estás aquí: Inicio » Plenario

Plenario

O vindeiro 17 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela o Plenario de En Marea, a asemblea do espazo de confluencia.

Na súa xuntanza do día 24 de febreiro, o Consello das Mareas acordou o envío dos textos base das teses que han de servir para o debate no Plenario. Durante o prazo que se indica no calendario, todas as persoas inscritas podemos formular emendas.

Unha vez recibidas, as emendas serán ditaminadas e no seu caso incorporadas aos textos base. Aquelas que inicialmente non sexan acollidas serán as que accederán ao plenario como propostas alternativas aos documentos inicialmente presentados.

Para facilitar este traballo, podes descargar o formulario modelo de emendas AQUI, e envialo cumprimentado ao enderezo plenario@enmarea.gal.

Participar activamente neste proceso e no plenario require estar inscrita. Se o fixeches con anterioridade, non é necesario repetir o proceso. Podes comprobar a túa inscrición accedendo ao rexistro dende AQUI.

O calendario de todo o proceso asamblear é o seguinte:

  • Día 14 de marzo ás 23:59 horas: Peche do censo
  • Día 1 de marzo: Aprobación polo Consello das Mareas dos textos definitivos
  • Día 3 de marzo: envío dos textos ás inscritas
  • Día 11 marzo ás 23:59 horas: recepción de emendas
  • Día 12 de marzo: cualificación das emendas pola Comisión do Plenario.
  • Día 15 de marzo: envío emendas cualificadas ás inscritas
  • Día 17 de marzo: Plenario

Data e lugar de celebración do Plenario de En Marea: sábado 17 de marzo de 2018 na Aula A da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela

Orde do día

  • 09:00 Horario de comezo das acreditacións
  • 10:00 Debate do regulamento e elección da mesa
  • 11:00 Debate do documento Bases para o funcionamento dunha marea sectorial
  • 11:30 SUSPENSION do plenario para acudir á mobilización das pensións.
  • 13:00 Debate do documento Infraestruturas para un país
  • 13:30 Debate do documento O devalo demográfico galego
  • Pausa para o xantar
  • 16:00 Informes:
    • - Consello
    • - GP Parlamento de Galiza
    • - GP nas Cortes do Estado
  • 17:00 Debate do documento En Marea e as eleccións municipais de 2019
  • 18:00 Debate do documento En Marea e o seu grupo parlamentar nas cortes do estado
  • 19:00 Clausura

Imos contar con un espazo de conciliación polo que se queres traer ás túas fillas e fillos podes facelo e así poderás participar nas sesións do plenario sabendo que van estar ben atendidas.

Recordámosvos que precisamos de voluntarias para atender ás acreditacións, reconto en sala, etc polo que, se queres colaborar con nós, soamente tés que cubrir os teus datos de contacto no formulario que atoparás nesta ligazón.

Tamén, dado que a orde do día é completa, imos facilitar a quen queira apuntarse un xantar buffet por 10 €, así non perderemos tempo en desprazamentos e gañaremos en convivencia. Para poder facer a estimación de asistentes, se queres participar no xantar-convivio cubre o formulario que atoparás nesta outra ligázon.

X