Estás aquí: Inicio » O Plenario de En Marea acordou nas súas resolucións, por aclamación, pedir a libre absolución de Emilio Cao
O plenario de En Marea acordou nas súas resolucións, por aclamación, pedir a libre absolución de Emilio Cao. Emilio enfróntase hoxe en Madrid ao xuízo no que a Fiscalía lle pide 5 anos e 8 meses de prisión por participar no 2014 nas multitudinarias Marchas da Dignidade para reclamar pan, traballo e teito.
En Marea apoia a causa de Emilio, pois é a de todas as persoas que continúan a defender os seus dereitos en continuo recorte e fronte a unha escalada sen precedentes do autoritarismo estatal. Dito apoio canalizouse a través dun soporte económico e da visibilización por parte das inscritas que integran o espazo político da súa causa.
A plataforma de Absolución Emilio Cao fixo, asemade, un gran traballo para concienciar ás diversas capas da poboación da inxustiza á que se enfronta este mozo de 22 anos. Por outra banda, En Marea manifesta que vai contra calquera tipo de lóxica que lle “seguen” a vida a Cao e teña que cumprir unha condena de tal calibre que lle impedirá desenvolver o seu proxecto vital correctamente.
Polo tanto, recollendo a vontade das persoas inscritas, En Marea pide a libre absolución de Emilio Cao e reivindica xunto a el pan, traballo e teito.