Estás aquí: Inicio » Persoas » Victoria Esteban Riesco

Vicevoceira

Vicevoceira e responsable de coordinación interna da coordinadora nacional de En Marea


Concelleira do Grupo Municipal de Lugonovo no Concello de Lugo

Victoria Esteban Riesco

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, sección Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Mestra de Educación Infantil, Primaria, Ciencias Sociais e Lingua Galega, funcionaria do ensino público dende 1983. Exercendo ata o día de hoxe a docencia e ocupando cargos directivos en colexios públicos de Lugo.

Participei activamente en mobilizacións cidadás en defensa dos servizos públicos. Son cofundadora de Lugonovo, a marea da miña cidade e dende ela, convencida da forza da unidade popular, participei en iniciativas de ámbito galego a prol da confluencia das xentes e forzas da esquerda deste país, ata materializarse en xullo de 2016 na Asamblea constituínte de En Marea en Vigo.

Formei parte da coordinadora provisional de En marea nomeada en dita Asamblea.

Actualmente son membro do Consello das Mareas e da coordinadora nacional.

A miña responsabilidade é traballar dende os órganos de dirección de En Marea colaborando na súa organización interna e expansión territorial, pulando por sumar esforzos dende todos os recunchos do país nunha gran marea galega, que represente a unidade popular e se faga escoitar con forza na rúa e nas institucións, con soberanía e voz propia en Galicia, no estado español e en Europa.


X