Estás aquí: Inicio » Persoas » Paula Vázquez Verao

Deputada no Parlamento Galego

Sober (Lugo) 1984


Circunscrición de Lugo

Paula Vázquez Verao

Traballadora do sector turístico. Pasou por Vigo e Monforte ata que se asentou en Neiras (Sober) coa súa familia cando tiña cinco anos. Estudou Xeografía e Historia na UNED e leva varios anos traballando no sector turístico da Ribeira Sacra.

É integrante da Banda de Música de Sober, da que tamén forma parte da directiva, e durante anos deu clase de música e clarinete. Forma parte activa da Asociación Veciñal de Neiras e é socia fundadora da Asociación Cultural O Colado do Vento. Dende 2015 é concelleira dunha candidatura de Unidade Popular no concello de Sober.


X