Estás aquí: Inicio » Persoas » Paula Quinteiro

Deputada no Parlamento Galego

Vigo 1990


Circunscrición de Pontevedra

Paula Quinteiro

Enfermeira, entre outros centros, do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo. Previamente traballou no sector da dependencia e atención a persoas maiores.

Anticapitalista e feminista. Comezou a participar activamente en política a partir do 15M e en movementos sociais dende unha perspectiva anticapitalista e feminista. Participou da creación e desenvolvemento de Podemos tanto na súa cidade como a nivel nacional e foi candidata de Podemos ao Parlamento Europeo en 2014. Posteriormente foi elixida como integrante do Consello Cidadán Municipal de Podemos Vigo, ademais de traballar na Secretaría de Igualdade de Podemos Galicia. En 2014 comezou a participar na Marea de Vigo, implicándose na elaboración do seu modelo organizativo, así como na Marea Feminista.

En 2016 foi elixida para o Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia. Adoita publicar artigos de opinión en Praza Pública,Viento Sur ou Público.


X