Marcos Cal Ogando
Axente comercial de adegas antes da súa elección como deputado do Parlamento de Galicia. Despois do 15M participou en colectivos locais, nas Marchas da Dignidade, formou parte do equipo promotor de Marea Pontevedra e forma parte da coordinadora. Formou parte do equipo promotor do círculo de Pontevedra como voceiro. Posteriormente formou parte da CCM de Podemos, e foi conselleiro galego de Podemos, participando nas Mareas en Común.