Estás aquí: Inicio » Persoas » Luca Chao Pérez

Deputada no Parlamento Galego

Lugo 1988


Circunscrición de A Coruña

Luca Chao Pérez

Politóloga e investigadora. Dende 2006 vive en Santiago de Compostela, cidade na que se licenciou en Ciencias Políticas en 2011. Continúa os seus estudos cun mestrado en Migracións Internacionais (2011-2012) na Universidade da Coruña. En 2012 recibe unha bolsa de formación predoutoral coa que inicia a súa tese de doutoramento sobre a participación política dos descendentes do exilio español en México e Francia e a súa tarefa como docente no grao de Socioloxía e no mestrado de Migracións Internacionais da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Nese mesmo ano comeza a colaborar como investigadora no Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais. Froito da súa investigación, realiza diversas estadías de investigación: no Colexio de México, na Escola de Altos Estudos Sociais de París e na Universidade Nacional Autónoma de México. As súas liñas de investigación principais son: participación política, migración, exilio e participación cidadá.


X