Estás aquí: Inicio » Persoas » Carmen Santos Queiruga

Vicevoceira do Grupo Parlamentar no Parlamento de Galicia

Porto do Son 1981


Circunscrición de Pontevedra

Carmen Santos Queiruga

Politóloga licenciada na USC e funcionaria do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo. Filla e neta de mariñeiros, estudou na escola e universidade públicas. Rematada a carreira, ao ano seguinte aprobou a súa primeira oposición na Administración xeral do Estado, obtendo o seu primeiro traballo como empregada pública en Barcelona na Subdelegación do Goberno-Oficina de Estranxeiros. Estivo tamén uns meses no Departamento de Traballo da Generalitat de Cataluña e despois concursou a Madrid, onde obtivo destino na Subdirección Xeral de Xestión Económica e Orzamentaria do Ministerio de Ciencia e Innovación. Aos poucos meses trasladouse ao gabinete ministerial do citado ministerio como persoal funcionario adscrito ao dito gabinete. Ao ano e medio aprobou a súa segunda oposición no CSIC e volveu a Galicia de maneira definitiva para realizar neste organismo público de investigación labores de axuda á xestión de I+D+i.


X