Estás aquí: Inicio » Persoas » Ana Seijas Baranauskas

Vicevoceira

Compostela 1973


Vicevoceira de En Marea, responsable das áreas de municipalismo e feminismo da organización.

Membro da coordinadora e do consello das mareas.

Ana Seijas Baranauskas

Licenciada en CC. Políticas e Sociais, especialista en estudios de opinión e mercado e magister en ONGs Voluntaridado e Servizos Sociais pola USC. Desenvolvín o meu labor profesional principalmente, nas áreas da Consultoría Política e Social e como Investigadora sobre comportamento político electoral en Galicia.

Dende que teño memoria o activismo forma parte da miña vida, encontrando nel unha maneira de relacionarme e transformar o mundo que me rodea: a través do asociacionismo cultural, social, estudantil, deportivo, educativo ou ecoloxista.

En 2012, atraída polos movementos rupturistas e o espertar de novas formas de participación política achégome por vez primeira ao activismo político co nacemento dun proxecto municipalista, Ames Novo, onde participo activamente dende entón. Mareanta convencida e defensora da radicalidade democrática, aposto por un proxecto concebido dende o feminismo e o cidadanismo que será quen de transformar o noso nun país máis xusto para todas.


X